Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de subministración para a adquisición dun equipo automatizado para a realización de probas cardiorrespiratorias e dun equipo informático complementario para o centro de medicina deportiva do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ó que refire a presente resolución e que posúen as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Lote único: equipo automatizado para a realización de probas cardiorrespiratorias e dun equipo informático complementario para o centro de medicina deportiva do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

A descrición do equipamento que se pretende adquirir detallase no prego de prescricións técnicas.

a) Prazo de execución: mes e medio (1,5).

b) Orzamento:

Lote único: vintecinco mil setecentos euros con oito céntimos (25.700,08 euros).

c) Requisitos específicos do contratista:

Acreditarase a solvencia técnica ou profesional, económica e financeira por algún dos modos previstos nos puntos D e E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Garantía provisional.

Non se esixe, artigo 35.1º do texto refundido da LCAP, e cláusula 5.3º.6. das particulares do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Coordinación Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 17. Fax: 981 54 26 38).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do oitavo (8) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na cara do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela).

d) Admisión de variantes: admitiranse as sinaladas no prego de prescricións técnicas.

6. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

7. Gastos de anuncios.

Será de cargo do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte