Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2002 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato administrativo de servicios de vixilancia das instalacións do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia, en Bastiagueiro, concello de Oleiros (A Coruña).

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ó que refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Servicios de vixilancia das instalacións do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia, en Bastiagueiro, concello de Oleiros (A Coruña).

a) Prazo de execución: estímase o seu inicio no día 1 de agosto de 2002, por período de dous anos (ata o 31 de xullo de 2004), susceptible de ser prorrogado, mediante prórroga expresa nos termos previstos no artigo 198 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) O orzamento base de licitación ascende a cento tres mil oitocentos vintecatro euros con doce céntimos (103.824,12 euros).

Anualidade de 2002: 21.102,45 euros.

Anualidade de 2003: 51.701,03 euros.

Anualidade de 2004: 31.020,64 euros.

c) Requisitos específicos do contratista: deberá acredita-la súa solvencia económica e financeira, técnica ou profesional nos termos dos puntos 5 e 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Garantía provisional: non se esixe, en atención ó prezo do contrato e ó abeiro do disposto no artigo 35.1º do texto refundido da LCAP.

3. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02.

4. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do oitavo (8) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e

así o fagan constar na cara do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non se admiten respecto do obxecto e extensión dos traballos para realizar.

5. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

6. Gastos de anuncios.

Será de cargo do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte