Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.416

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (155/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 155/2002, seguidos pola instancia de José Varela Vello e outros contra Hnos. Moraes, S.L. e outros, sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 10-6-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, debo aceptar e acepto integramente as pretensións da demanda, e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa Hermanos Moraes, S.L., unipersoal, a que readmita inmediatamente a José Varela Bello, Fernando Babío Esmorís, Felipe Castelo Cagiao, Fernando Pensado Arosa, Jesús Carro Rodríguez, Jesús Ram Anido e Antonio Blanco Muelas nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, a que faga o pagamento ós actores das seguintes cantidades polo concepto de indemnización:

José Varela Bello: 17.573, 85 euros.

Luis F. Babío Esmorís: 23.727,52 euros.

Felipe Castelo Cagiao: 22.148,43 euros.

Fernando Pensado Arosa: 22.148,43 euros.

Jesús Carro Rodríguez: 22.338,06 euros.

Jesús Rama Anido: 19.268,13 euros.

Antonio Blanco Muelas: 17.852,99 euros.

Esta opción deberá exercerse no prazo de 5 días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede á readmisión.

Calquera que fose a súa elección, condeno asemade a parte demandada Hermanos Moraes, S.L., unipersoal, a que satisfaga ós actores os salarios que non percibiron desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado 1º, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET e que ata a data ascenden ás seguintes cantidades:

José Varela Bello: 3.898,06 euros.

Luis F. Babío Esmorís: 4.346,96 euros.

Felipe Castelo Cagiao: 4,078,96 euros.

Fernando Pensado Arosa: 4,078,96 euros.

Jesús Carro Rodríguez: 4,078,96 euros.

Jesús Rama Anido: 3.957,02 euros.

Antonio Blanco Muelas: 3.898,06 euros.

E debo absolver e absolvo a empresa Reformas e Pinturas Afonso Moraes, S.L., unipersoal, das pretensións dos actores.

E debo absolver e absolvo ó Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade legal subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, que deberá anunciarse

perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola la Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá asemade acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, identificador 5602-60, podendo sustituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidad de 150,25 euros na mesma conta, identificador 5602.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Hermanos Moraes, S.L. co seu último enderezo coñecido en Canceliñas, 6, A Coruña, na actualidade descoñecido, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 14 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado