Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.416

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (38/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 38/2002, seguidos pola instancia de Jesús Benito Márquez Varela contra Protuin, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 3-6-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, aceptando a demanda interposta por Jesús Benito Márquez Varela, debo declarar e declaro o dereito do actor a percibi-la cantidade de 1.763,71 euros (293.456 ptas.) polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e neste sentido debo condenar e condeno a empresa Protuin, S.L. a que estando e pasando por tal declaración faga o pagamento ó actor da cantidade de 1.763,71 euros (293.456 ptas.) polos conceptos de salarios e liquidación.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, contra a dita resolución non cabe o recurso de suplicación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Protuin, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. do Exército, 8-baixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 17 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado