Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.415

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (111/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 111/2002 seguidos pola instancia

de Pablo Castro Caamaño e outros contra Campos & Ferreiro Construcciones, sobre despedimento, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 14-6-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo aceptar e acepto integramente as pretensións da demanda e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e, acreditada a imposibilidade de readmitir, debo declarar e declaro extinguida na data da presente sentencia a relación laboral que unía os actores coa empresa demandada e en consecuencia condeno a empresa Campos & Ferreiro Construcciones, S.L. a que faga o pagamento ós actores das seguintes cantidades polo concepto de indemnización:

Castro Caamaño P.: 2.740,62 euros (456.000 ptas.).

Martínez López L.: 2.993,04 euros (498.000 ptas.).

Seijo Crespo M.A.: 1.851,12 euros (308.000 ptas.).

E condeno asemade a parte demandada a que lle satisfaga á actora os salarios que non percibiu desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se acepta acreditado no feito probado 1º, e tendo en conta a limitación que establece e o artigo 57.1º do ET e que ata a data ascenden ás seguintes cantidades:

Castro Caamaño P.: 4.183,04 euros (696.000 ptas.).

Martínez López L.: 4.489,56 euros (747.000 ptas.).

Seijo Crespo M.A.: 4.405,42 euros (733.000 ptas.).

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da responsabilidade legal que lle corresponda de forma subsidiaria nos supostos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, desde a notificación desta resolución, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá asemade acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, identificador 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta, identificador 5602, en calidade de depósito e nun impreso separado ó importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Campos & Ferreiro Construcciones, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Pol. Esp. Santo, parcela 3, Cambre, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 14 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado