Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.415

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (688/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 688/2001, seguidos pola instancia de Carlos J. Lago Blanco e outro contra Manuel Bermúdez Romero, sobre cantidade, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parése, dictou sentencia, na data 6-6-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, aceptando a demanda interposta por Carlos Javier Lago Blanco e Ramón Nogueira Vilariño, debo declarar e declaro o dereito dos actores a percibi-la cantidade de 1.596,82 euros (265.689 pesetas) e 1.735,34 euros (288.737 pesetas) respectivamente polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e neste sentido debo condenar e condeno a empresa Manuel Bermúdez Romero a que estando e pasando por tal declaración faga o pagamento ós actores das cantidades de 1.596,82 euros (265.689 pesetas) e 1.735,34 euros (288.737 pesetas) respectivamente, polo concepto de salarios e liquidación.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, contra a dita resolución non cabe o recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Manuel Bermúdez Romero que tivo o seu último enderezo coñecido en Doutor Fléming, 11-5º, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 6 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado