Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.414

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (306/2000).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 306/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Ribeira o catorce de maio de dosu mil dous.

Vistos por min, Beatriz Martínez Vega, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira e o seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 306/2000, por falta de coaccións contra Juan Manuel Peniche Álvarez, titular do DNI nº 34872550 e contra Pablo Cousillas Baneira, titular do DNI nº 34898994, sendo denunciante Ángela Lampón Sieira, titular do DNI nº 76504481.

Decido que, en atención ó exposto, debo condenar e condeno a Juan Manuel Peniche Álvarez e a Pablo Cousillas Baneira, da falta de coaccións da que viñan sendo acusados, á pena de multa de 10 días cunha cota diaria de 4 euros a cada un deles, e ó pagamento das custas procesuais, se as houber.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fai saber que contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no termo de cinco días desde a súa notificación, mediante escrito que se deberá presentar perante este xulgado, e no que redactado de acrodo co disposto no artigo 795 da Lei de axui

zamento criminal, se exporán as alegacións nas que se basee a impugnación.

Así por esta miña sentencia definitivamente, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Juan Manuel Peniche Álvarez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Ribeira o dezaoito de xuño de dous mil dous.

O secretario

Rubricado