Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.368

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (73/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos nº 73/2002 seguidos pola instancia de Carmen Bao Vilas e outras contra Confecnor, S.A. e outras sobre salarios, a maxistrada xuíza dese xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 6-6-2002, coa seguinte parte dispositiva.

Que, aceptando a demanda interposta por María del Carmen Bao Vilar, Felicidad Riotorto Lorenzo e Ana María Abeleira López, debo declarar e declaro o dereito das demandantes a percibi-la cantidade de 2.820,40 euros cada unha polos conceptos que se expresan no feito probado segundo esta resolución e neste sentido debo condenar e condeno ás empresas Confecnor, S.A., Norotex, S.A. e Confecciones Boga, S.L. a que estando e pasando por tal declaración fagan o pagamento solidariamente ás demandantes da cantidade de 2.820,40 euros polo concepto de salarios e liquidación a cada unha delas.

E debo absolver e absolvo ó Fogasa sen prexuízo da responsabilidade que legalmente proceda de conformidade o artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no plazo de cinco días desde a notificación desta resolución, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, sendo posible o anuncio pola mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo acreditar, ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, identificador 5602-60,

podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta, identificador 5602, en calidade de depósito e nun impreso separado ó importe da condena.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Confecnor, S.A., Norotex, S.A. e Confecciones Boga, S.L. que tiveron o seu último enderezo coñecido en Canteira de Eirís, 23, baixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 6 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado