Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.368

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (88/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos nº 88/2002 seguidos pola instancia de María Isabel Méndez Souto contra Azos 2000, S.L. sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 6-6-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda interposta por María Isabel Méndez Souto debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibi-la cantidade de 2.184,47 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e neste sentido debo condenar e condeno á empresa Azos 2000, S.L. a que estando e pasando por tal declaración faga o pagamento ó demandante da cantidade de 2.184,47 euros polo concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo ó Fogasa sen prexuízo da reponsabilidade que legalmente proceda de conformidade co artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe rcurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no plazo de cinco días desde a notificación desta resolución, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando ó letrado que deberá interpoñelo, sendo posible o anuncio pola mera manifestación daquela ó ser notificada e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo acreditar, ó anunica-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, identificador 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta, idnetificador 5602, en calidade de depósito e nun impreso separado ó importe da condena.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para lle sirva de notificación a Azos 2000, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Lugar A Xira, Sigrás, nave 8J, 15181, Cambre, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e con fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 6 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA