Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2002 pola que se lles dá publicidade ás resolucións de adxudicación dos contratos que se citan.

Por resolucións do secretario xeral, actuando no nome do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 18 de decembro de 2001, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Contratación dunha asistencia técnica para o servicio de voz da Xunta de Galicia, convocado mediante concurso público por procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 7 de maio de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 15 de maio do presente ano.

Adxudicatario: Electrónica do Noroeste, S.G.; S.L.

Importe: 184.734 A, IVE incluído.

Contratación dunha asistencia técnica para o servicio de xestión da rede de voz e datos da Xunta de Galicia, convocado mediante concurso público por procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 26 de abril de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia do 8 de maio do presente ano.

Adxudicatario: Unisys España, S.A.

Importe: 487.903 A, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2002.

P.D. (Orden 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Instucionais e Administración Pública