Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.367

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DA CORUÑA

EDICTO (316/2001).

Na Coruña, dez de xuño de dous mil dous.

Nos autos de referencia no encabezamento, nos que a parte demandada, declarada en rebeldía e sen domicilio coñecido, recaeu sentencia con data do 12 de decembro de 2001, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia: na Coruña, doce de decembro de 2001. En nome de El Rei, Carmen Amelia Goma García, con destino no Xulgado de Primeira Instancia número cinco dos da Coruña, tendo visto os presentes autos de xuízo ordinario 00316/2001, seguidos por instancia de empresa Roces, S.A. representada pola procuradora María del Pilar Castro Rey, e asistida polo letrado señor Moure Fernández, contra Raywel Tours Difusión, S.L. en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Dictamino que estimando integramente a demanda presentada pola procuradora Mª del Pilar Castro Rey, en nome e representación da empresa Roces, S.A.

asistida polo letrado Moure Fernández, contra Raywel Tours Difusión, S.L. en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno ó demandado Raywel Tours Difusión, S.L. a que lle aboe ó demandado a suma de 3.559.930 pesetas, cos xuros legais, contados desde a presente resolución e ó pagamento das custas procesuais».

E para que conste e sexa publicado no Diario Oficial de Galicia, e sirva de notificación á entidade demandada rebelde, expido e asino este edicto, que entrego ó seu representante para que coide do seu dilixenciamento, e baixo a súa responsabilidade, na Coruña, dez de xuño de dous mil dous.

Carmen Amelia Goma García

Maxistrada xuíza