Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.367

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (896/2000).

Marta Yanguas del Valle, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña dou fe e testemuño que nos autos de xuízo de cognición que se tramitan neste xulgado baixo o número 896/2000-T se dictou sentencia, cun encabezamento e dictame que son os seguintes:

«Sentencia.

A Coruña, vinteseis de febreiro de dous mil dous.

Javier San Claudio Piñón, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos da Coruña, tendo vistos os presentes autos de xuízo de cognición, promovidos por instancia de Telefónica de España S.A. (unipersonal), e na súa representación o procurador dos tribunais José Martín Guimaraens Martínez, e na súa defensa o letrado Aquilino Yáñez

de Andrés, contra Esdico Construcciones y Contratas, S.A., actualmente en paradoiro descoñecido e Allianz Ras, representado polo procurador dos tribunais Rafael Pérez Lizarriturri, e dirixido polo letrado Emilio Astray Coloma e sobre reclamación de cantidade;

Dictamino que estimando en parte a demanda interposta polo procurador Guimaraens Martínez na representación de Telefónica de España, S.A. condeno a Esdico Construcciones y Contratas, S.A. a aboarlle á demandante a suma de 482.544 pesetas máis os xuros legais do diñeiro incrementado en dous puntos desde a data desta resolución ata o completo pagamento. Do pagamento desta cantidade responderá directamente a entidade aseguradora Allianz Ras. Non se fai condena de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LAC cabe recurso de apelación a preparar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Concorda ben e fielmente co seu orixinal ó que me remito en caso necesario e para que así conste para os efectos de publicar no Diario Oficial de Galicia que servirá de notificación á sociedade codemandada Esdico Construcciones y Contratas, S.A., actualmente en ignorado paradoiro; expido e asino o presente testemuño o vinteseis de febreiro de dous mil dous. Dou fe.

A secretaria

Rubricado