Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.355

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2002 pola que se anuncia a convocatoria de prazas de persoal laboral fixo para o ente público Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

A disposición adicional 6ª da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, crea a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) como un ente de dereito público.

A disposición transitoria 2ª do Decreto 153/2001, do 29 de xuño, polo que se regula a dotación de medios persoais da axencia (DOG nº 127, do 2 de xullo), dispón que unha vez constituídos os órganos dela se celebrarán as oportunas probas de selección para o persoal en réxime de dereito laboral. Por outra banda, Agader está sometida á Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas participadas nas que ten participación maioritaria a Xunta, en materia de persoal e contratación. Por acordo do Consello de Dirección de Agader, do 4 de xullo de 2002, apróbanse as seguintes bases da convocatoria e delégase no presidente a competencia para o desenvolvemento do conseguinte proceso selectivo.

De conformidade con todo o anterior, resólvese convoca-lo proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do ente público Agader, de acordo coas seguintes bases da convocatoria.

1. Normas xerais.

1.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de 7 prazas vacantes no cadro de persoal de Agader, de acordo co seguinte cadro:

CategoríaNº prazasTitulación

Técnico I2Titulación universitaria superior

Técnico II2Titulación universitaria

Administrativo1Bacharelato superior-FP 2º grao

Conductor-ordenanza2Graduado escolar ou equivalente

Por non acadarse a porcentaxe mínima esixida, non se reservará ningunha praza para ser cuberta por persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%.

1.2. O procedemento de selección será o concurso-oposición, de acordo cos exercicios, sistemas de cualificación, relación de méritos, baremo deles e temarios que se especifican nos anexos II, III e IV respectivamente desta convocatoria.

1.3. A adxudicación da praza ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coas puntuacións totais obtidas por estes ó longo de todo o proceso de selección. A puntuación total dos aspirantes que superen o proceso selectivo resulta da suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e de concurso.

1.4. O primeiro exercicio da oposición realizarase transcorrido, como mínimo, un mes desde a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da presente convocatoria, expoñéndose a data deste exercicio, así como dos seguintes, no taboleiro de anuncios de Agader, no lugar de celebración das probas, e na páxina web www.Agader.xunta.es.

1.5. Os aspirantes ós que lles sexan adxudicadas as prazas serán contratados en réxime de laborais fixos, mediante a formalización dos correspondentes contratos e a posterior incorporación definitiva.

2. Requisitos mínimos de admisión dos candidatos.

2.1. Requisitos mínimos xerais dos candidatos.

a) Ser español, nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional do Reino de Noruega, ou nacional da República de Islandia.

Tamén poderán participar o cónxuxe e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, menores de 21 anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais subscritos pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos dezaoito (18) anos de idade.

c) Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título académico para acceder á categoría correspondente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estarse en posesión de documento que acredite de forma que faga fe a súa homologación.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan nacionalidade española deberán acreditar igualmente non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

2.2. Requisitos mínimos específicos dos candidatos.

Os requisitos específicos para cada categoría son os que a continuación se especifican:

a) Técnicos I: titulación universitaria superior.

b) Técnicos II: titulación universitaria.

c) Administrativos: bacharelato superior ou F.P.2º.

d) Conductores-ordenanzas: graduado escolar ou equivalente, e permiso de conducir C.

Tódolos requisitos, xerais e específicos, deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mante-los ata o momento de incorporarse a ocupa-la praza logo do asinamento do correspondente contrato.

3. Solicitudes

3.1. Quen desexe tomar parte neste proceso de selección deberá presentar solicitude, en instancia axustada ó modelo que figura como anexo I da presente resolución.

O modelo de solicitude figurará ademais na páxina web indicada no punto 1.4. Así mesmo, facilitarase nas dependencias de Agader.

Xunto coa solicitude, os aspirantes deberán presenta-la seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar, deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten

o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de se-lo caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

-Xustificante emitido pola entidade bancaria que corresponda de ter pagados os dereitos de exame, no prazo establecido para a presentación de instancias.

-Relación dos méritos que se aleguen para a súa valoración na fase de concurso, documentados de acordo co disposto no anexo III.

3.2. Rexeitaranse todas aquelas instancias que non acheguen os documentos acreditativos dos requisitos esixidos para o acceso ó concurso-oposición e mailo aboamento dos dereitos de exame. Non se admitirán copias simples para acreditar méritos ou cumprir os requisitos.

3.3. Lugar de presentación, prazo e destinatario.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da presente convocatoria no DOG. As solicitudes, dirixidas á Dirección Xeral de Agader, presentaranse no rexistro xeral de Agader (Avda. do Camiño Francés, nº 10, baixo, 15771 Santiago de Compostela, A Coruña) ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

3.4. Dereitos de exame.

De conformidade co disposto na Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, que modifica o Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito previo para participar no proceso selectivo deberán aboarse previamente, en concepto de dereitos de exame, os seguintes importes:

TécnicosTécnicos IIAdministrativosConductores-ordenanza

47,54A41,57 A35,62 A23,79 A

O impreso de autoliquidación de taxas poderá recollerse nos servicios centrais da Xunta de Galicia, en calquera delegación de tódalas consellerías e en Agader.

Código de consellería: 09 Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Código de delegación: 13; Código de servicio: 16; Código de taxa: 300300.

Quedan exentos do pagamento dos dereitos de exame tódolos aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, acompañando copia cotexada de cuantificación de minusvalidez, de acordo coa normativa vixente.

3.5. Salvo no caso de persoas con minusvalidez, a non presentación do xustificante de ingreso das taxas no que figure o selo da entidade bancaria con indicación da data, determinará a exclusión do aspirante.

En ningún caso a presentación do xustificante de pagamento dos dereitos de exame suporá a substi

tución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.6. O importe satisfeito en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten.

3.7. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude. Ó mesmo tempo, deberán solicitar as posibles adaptacións de medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

3.8. Agader reserva para si a facultade de comproba-la a veracidade dos documentos achegados polos aspirantes.

3.9. O enderezo que figure nas instancias considerarase como o único válido para os efectos das notificacións, sendo responsabilidade do aspirante tanto un erro na súa consignación como a comunicación a Agader de calquera cambio nel.

4. Admisión dos aspirantes.

4.1. Esgotado o prazo de presentación de solicitudes, ós 20 días seguintes e por mandato do presidente de Agader, exporase no taboleiro de anuncios de Agader e na páxina web sinalada no punto 1.4., a lista provisional de admitidos e excluídos ó proceso selectivo. Respecto destes últimos farase constar na devandita lista a causa da súa exclusión.

4.2. Os aspirantes excluídos poderán presentar documentación complementaria ante o presidente de Agader no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación da lista provisional de admitidos e excluídos ó proceso selectivo, para poder emendar, de se-lo caso, o defecto que motivase a exclusión. Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

4.3. Os erros de feito poderanse emendar en calquera momento, ben de oficio ben por instancia do interesado.

4.4. Unha vez transcorrido o dito prazo, o presidente de Agader dictará resolución coa lista definitiva de admitidos e excluídos, contra a que se poderá interpor, no prazo dun mes, recurso potestativo de reposición de acordo cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ser impugnada directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa, nos casos e na forma prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A citada resolución será exposta, para os efectos de publicidade, no taboleiro de anuncios de Agader e na páxina web indicada no punto 1.4., xunto coa indicación do lugar e data na que comenzarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos do DNI.

4.5. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente resolución. Cando da documentación que se debe presentar no caso de supera-lo procedemento selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán de tódolos dereitos que pudieran derivarse da súa participación neste procedemento.

5. Tribunais.

5.1 Os tribunais encargados de efectua-la selección son dous:

Tribunal número 1: para as prazas de técnicos I e II.

Tribunal número 2: para as prazas de administrativo e conductores-ordenanzas.

Os tribunais estarán constituídos por un número impar de membros, non superior a sete, debendo designarse o mesmo número de suplentes, e serán nomeados polo presidente de Agader. A súa composición farase pública no taboleiro de anuncios de Agader e na páxina web indicada no punto 1.4.

5.2. Tódolos membros dos tribunais actuarán con voz e voto.

5.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de formar parte deles cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán insta-la recusación cando concorran tales causas de acordo co previsto no artigo 29 da citada lei.

Os presidentes dos tribunais poderán solicitarlles ós seus membros declaración expresa de non atoparse incursos nas causas de abstención e recusación.

5.4. Os tribunais non poderán constituírse nin actuar se non están presentes o presidente e o secretario e polo menos dous dos seus vocais.

As decisións adoptaranse por maioría dos membros presentes, resolvendo en caso de empate o voto de calidade do presidente.

5.5. Os tribunais quedan facultados para resolve-las dúbidas que xurdan da aplicación destas bases e poderán adopta-los acordos que correspondan para aqueles supostos non previstos nas bases; axustándose na súa actuación ás previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.6. Son funcións dos tribunais:

-Elabora-las probas e garanti-lo seu segredo.

-Avalia-las probas e outorgarlles cualificación ós aspirantes segundo as normas desta convocatoria.

-Formalizar, mediante actas, todo o proceso do concurso-oposición e mailo resultado final, que será remitido á presidencia mediante certificación do secretario do tribunal na que se fará consta-la lista de aspirantes por orde de cualificación, da máis alta á máis baixa.

5.7. En ningún caso os tribunais poderán aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó das prazas convocadas. Calquera proposta que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

5.8. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, os tribunais terán a súa sede na Avda. do Camiño Francés, nº 10, baixo, 15771 Santiago

de Compostela, A Coruña. Teléfono: 981 54 73 54, fax: 981 54 73 81.

5.9. O tribunal nº 1 terá a categoría 1ª, e o nº 2 a categoría 3ª, de acordo co establecido no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servicio ó persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 122, do 25 de xuño de 2001).

6. Contratación laboral e período de proba.

6.1. Concluído o proceso selectivo, os tribunais elevarán ó presidente a proposta de candidatos, segundo a orde de puntuación obtida ó longo de todo o proceso, para a formalización dos correspondentes contratos.

6.2. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes este resolveranse pola puntuación obtida na primeira proba, e se iso non fora suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva. De persisti-lo empate, resolverase por orde alfabética, de acordo co sorteo de letra vixente para estes efectos resolto e publicado pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 27 de febreiro de 2002 (DOG nº 47, do 6 de marzo).

6.3. Para os efectos da súa contratación, os aspirantes seleccionados deberán presentar no prazo dos 20 días naturais seguintes ó requirimento de Agader os seguintes documentos:

-Fotocopia compulsada do título esixido ou certificación académica que acredite ter realizados tódolos estudios para a obtención do título, ou de se-lo caso, documento que acredite de xeito que faga fe a posesión do correspondente título académico.

-Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ninguna administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Certificado médico oficial que acredite os extremos sinalados no punto 2.1.d. da presente convocatoria.

6.4. Os que dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame desta se deducira que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderán ser contratados, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

6.5. Tódalas contratacións para ocupar vacantes do cadro de persoal fixo estarán sometidas a un tempo de proba, tal e como se indica no seguinte cadro:

TécnicosTécnicos IIAdministrativosConductores-ordenanza

3 meses3 meses2 meses1 mes

6.6. O desempeño de calquera posto de traballo en Agader estará sometido ás incompatibilidades previstas na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

7. Recursos.

Contra a presente convocatoria e as súas bases poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ser impugnadas directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa nos casos e na forma prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xuris

dicción contencioso-administrativa. Así mesmo, os interesados poderán interpor recurso de alzada contra os actos do tribunal ante o presidente de Agader, nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Presidente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO II

Exercicios, probas e sistema de cualificación

1. Exercicios e probas.

1.a) Normas xerais.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único e será excluído quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal. Os anuncios para a realización dos exercicios faraos públicos o tribunal na súa sede, con corenta e oito (48) horas de antelación como mínimo ó seu comezo.

As probas realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos aspirantes, a dos membros do correspondente tribunal e a dos colaboradores designados por este, de se-lo caso.

As puntuacións expoñeranse no taboleiro de anuncios de Agader, no lugar de celebración das probas e na páxina web indicada no punto 1.4, unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios de cada proba.

1.b) Normas específicas.

-Técnicos I.

Establécense catro tipos de exercicios:

Primeiro exercicio .-Exame de carácter eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 100 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta, que será o resultante do sorteo de entre dous cuestionarios elaborados previamente polo tribunal e correspondentes ó contido do programa que figura no anexo IV para cada categoría de prazas.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de 2 horas.

Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 2,5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

Para os efectos da súa puntuación teranse en conta as seguintes normas:

Por cada dúas respostas incorrectas, descontarase unha correcta.

As respostas en branco non puntuan.

As dobres respostas e as que non estean claras consideraranse incorrectas.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó día da celebración do exame, faranse públicas as respostas correctas do test no lugar de realización do exercicio, no taboleiro de anuncios de Agader e na páxina web referida no punto 1.4 da presente convocatoria.

Segundo exercicio.-Exame escrito de carácter eliminatorio. Os aspirantes, no prazo máximo de 3 horas, deberán desenvolver por escrito dous temas, obtidos mediante sorteo polo tribunal, un da segunda parte, e outro da terceira parte do temario que figura no anexo IV para esta categoría.

Posteriormente serán convocados oportunamente polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que se levará a cabo polo seu autor ou, en caso de imposibilidade, por un membro do tribunal.

O tribunal poderá dispo-la obtención de fotocopias para cotexa-la lectura dos exercicios correspondentes.

Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 2,5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

Terceiro exercicio.-Exame práctico de carácter eliminatorio. Consistirá na resolución dun suposto práctico que será o resultado do sorteo que se leve a efecto entre dous propostos polo tribunal, relacionado coas materias correspondentes ó temario contido no anexo IV para esta categoría.

O tempo máximo de duración será de 4 horas.

A realización deste exercicio require coñecementos informáticos sobre Microsoft Oficce (Word, Excel, Access).

Agader facilitará os medios técnicos necesarios para a súa realización.

Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 2,5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

Cuarto exercicio.- Exame de carácter eliminatorio. Constará de dúas probas:

-Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do galego ó castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

-Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do castelán ó galego, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto; será necesario para superalo obte-lo resultado de apto, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Están exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento do galego. Este requisito deberá posuírse na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, e poderá presentarse ata os 5 días seguintes ó da publicación na nota do terceiro exercicio.

-Técnicos II.

Establécense catro tipos de exercicios:

Primeiro exercicio.-Exame de carácter eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 80 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta, que será o resultante do sorteo de entre dous cuestionarios

elaborados previamente polo tribunal e correspondentes ó contido do programa que figura no anexo IV para esta categoría.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de 1 hora e 30 minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 2,5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

Para os efectos da súa puntuación teranse en conta as seguintes normas:

Por cada dúas respostas incorrectas, descontarase unha correcta.

As respostas en branco non puntuan.

As dobres respostas e as que non estean claras consideraranse incorrectas.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó día da celebración do exame, faranse públicas as respostas correctas do test no lugar de realización do exercicio, no taboleiro de anuncios de Agader e na páxina web referida no punto 1.4 desta convocatoria.

Segundo exercicio.-Exame escrito de carácter eliminatorio. Os aspirantes, no prazo máximo de 3 horas, deberán desenvolver por escrito dous temas, obtidos mediante sorteo polo tribunal, un da segunda parte, e outro da terceira parte do temario que figura no anexo IV para esta categoría.

Posteriormente serán convocados oportunamente polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que se levará a cabo polo seu autor ou, en caso de imposibilidade, por un membro do tribunal.

O tribunal poderá dispo-la obtención de fotocopias para cotexa-la lectura dos exercicios correspondentes.

Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 2,5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determinar o nivel de coñecementos esixidos para acadar a puntuación mínima.

Terceiro exercicio.-Exame práctico de carácter eliminatorio. Consistirá na resolución dun suposto práctico que será o resultado do sorteo que se leve a efecto entre dous propostos polo tribunal, e relacionados coas materias correspondentes ó temario contido no anexo IV para esta categoría.

O tempo máximo de duración será de 4 horas.

A realización deste exercicio require coñecementos informáticos sobre Microsoft Oficce (Word, Excel, Access).

Agader facilitará os medios técnicos necesarios para a súa realización.

Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 2,5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

Cuarto exercicio .-Exame de carácter eliminatorio. Constará de dúas probas:

-Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do galego ó castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

-Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do castelán ó galego, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto; será necesario para superalo obte-lo resultado de apto, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Están exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento do galego. Este requisito deberá posuírse na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, e poderá presentarse ata os 5 días seguintes ó da publicación na nota do terceiro exercicio.

-Administrativo.

Establécense tres tipos de exercicios:

Primeiro exercicio.-Exame de carácter eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta, que será o resultante do sorteo de entre dous cuestionarios elaborados previamente polo tribunal e correspondentes ó contido do programa que figura no anexo IV para cada categoría de prazas.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de 1 hora.

Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 2,5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

Para os efectos da súa puntuación teranse en conta as seguintes normas:

Por cada dúas respostas incorrectas, descontarase unha correcta.

As respostas en branco non puntúan.

As dobres respostas e as que non estean claras consideraranse incorrectas.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó día da celebración do exame, faranse públicas as respostas correctas do test no lugar de realización do exercicio, no taboleiro de anuncios de Agader e na páxina web referida no punto 1.4 desta convocatoria.

Segundo exercicio.-Exame práctico de carácter eliminatorio. Consistirá na resolución dun suposto práctico relativo ás funcións que se van desenvolver, que será o resultado do sorteo que se leve a efecto entre dous propostos polo tribunal.

O tempo máximo de duración desta proba será de 4 horas.

A realización deste exercicio comprenderá probas informáticas sobre Microsoft Oficce (Word, Excel, Access), así como probas de traducción inversa e directa de textos ó inglés.

Agader facilitará os medios técnicos necesarios para a súa realización.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

Terceiro exercicio.-Exame de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

-Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do galego ó castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

-Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do castelán ó galego, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto; será necesario para superalo obte-lo resultado de apto, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Están exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento do galego. Este requisito deberá posuírse na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, e poderá presentarse ata os 5 días seguintes ó da publicación da nota do segundo exercicio.

-Conductor-ordenanza.

Establécense tres tipos de exercicios:

Primeiro exercicio.-Exame de carácter eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta, que será o resultante do sorteo de entre dous cuestionarios elaborados previamente polo tribunal e correspondentes ó contido do programa que figura no anexo IV para cada categoría de prazas.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de 1 hora.

Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 2,5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

Para os efectos da súa puntuación teranse en conta as seguintes normas:

Por cada dúas respostas incorrectas, descontarase unha correcta.

As respostas en branco non puntuan.

As dobres respostas e as que non estean claras consideraranse incorrectas.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó día da celebración do exame, faranse públicas as respostas correctas do test no lugar de realización do exercicio, no taboleiro de anuncios de Agader e na páxina web referida no punto 1.4 desta convocatoria.

Segundo exercicio.-Exame escrito de carácter eliminatorio. Os aspirantes, no prazo máximo de 2 horas, deberán desenvolver por escrito dous temas, obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os do temario que figura no anexo IV para esta categoría.

Posteriormente serán convocados oportunamente polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que se levará a cabo polo seu autor ou, en caso de imposibilidade, por un membro do tribunal.

O tribunal poderá dispo-la obtención de fotocopias para cotexa-la lectura dos exercicios correspondentes.

Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 2,5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

Terceiro exercicio.-Exame eliminatorio, de carácter práctico.

Consistirá nunha proba práctica consistente na posta en marcha dun vehículo con fallo. O tempo máximo para a súa realización é de 20 minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 2,5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

Cuarto exercicio.-Exame de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

-Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do galego ó castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

-Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do castelán ó galego, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto; será necesario para superalo obte-lo resultado de apto, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Están exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de iniciación do galego. Este requisito deberá posuírse na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, e poderá presentarse ata os 5 días seguintes ó da publicación da nota do terceiro exercicio.

ANEXO III

Relación de méritos e baremo na fase de concurso

Rematada a fase de oposición, o tribunal avaliará os méritos que con motivo da súa experiencia pro

fesional acrediten os aspirantes que teñan superada a fase de oposición.

Os méritos alegados deberán acreditarse documentalmente, ben presentando documentación orixinal ou fotocopia compulsada. A experiencia laboral acreditarase co historial completo emitido pola Tesourería da Seguridade Social e mailo certificado de empresa, mediante copia cotexada de nóminas ou mediante os contratos de traballo.

Experiencia profesional acreditada, ata un máximo de 5 puntos:

-Experiencia profesional nun posto de traballo no ente público Agader, desempeñando os servicios da categoría á que se opta: 2 puntos por ano traballado ou fracción.

-Experiencia profesional nun posto de traballo na Administración autonómica galega, desempeñando os servicios da categoría á que se opta: 1 punto por ano traballado ou fracción.

-Experiencia profesional nun posto de traballo noutras administracións públicas, desempeñando os servicios da categoría á que se opta: 0,5 puntos por ano traballado ou fracción.

Os méritos enumerados deberán referirse ó día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A baremación desta fase de concurso será feita pública no taboleiro de anuncios de Agader, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez (10) días hábiles a partir do seguinte ó da exposición da dita baremación.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal incluiraas no acordo definitivo que conteña a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

ANEXO IV

Temarios

IV.1 Técnicos I.

* Primeira parte (Normativa básica).

1. O concepto de constitución. A constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978, principios informadores. Estructura.

2. A Coroa: funcións constitucionais. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. Aprobación das leis.

3. O Goberno. A súa composición e funcións. O presidente do Goberno. Os ministros. Relacións entre o Goberno e as Cortes.

4. A Administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos. Os organismos autónomos e as sociedades estatais. Órganos consultivos da Admi

nistración do Estado. O Consello de Estado e outros órganos consultivos.

5. A distribución territorial do poder do Estado. O Estado das autonomías na Constitución. Procesos de constitución das comunidades autónomas. Estructura, aprobación e reforma dos estatutos de autonomía.

6. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. O Goberno da Comunidade Autónoma.

7. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

8. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Composición e funcións. Os conselleiros: estatuto persoal e atribucións. Organización e estructura das consellerías. A Administración periférica das consellerías.

9. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Réxime xurídico da función pública galega.

10. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ámbito de aplicación e principios informadores. Fases: iniciación, ordenación, instrucción e terminación.

11. Os recursos administrativos. Concepto e clases, requisitos xerais. Recursos de alzada, reposición e extraordinario de revisión.

12. Os contratos administrativos. As súas clases. Formas de contratación. Contido e efectos dos contratos administrativos. Cumprimento dos contratos administrativos. Risco e ventura e forza maior na contratación administrativa. Revisión de prezos. Resolución, rescisión e renuncia.

13. O gasto público: concepto e réxime xurídico. Clasificiacións. Principios constitucionais na materia. Limitación dos créditos orzamentarios para gastos. Procedemento de execución de gasto público. As subvencións: réxime xurídico. O Tribunal de Contas.

14. A xestión económica-financeira pública de Galicia. A facenda e o patrimonio da Comunidade Autónoma. Os orzamentos da Comunidade Autónoma. O control orzamentario. O Consello de Contas.

* Segunda parte (U.E.).

15. As institucións da Unión Europea: o Consello de Ministros, a Comisión Europea, o Parlamento Europeo, o Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas e o Tribunal de Primeira Instancia, o Tribunal de Contas.

16. Os órganos da Unión Europea: o Comité Económico e Social, o Comité das Rexións, o Defensor do Pobo europeo, a Oficina de harmonización do mercado interior, outros órganos.

17. As normas de dereito comunitario: os textos constitutivos, o dereito derivado, a articulación entre o dereito comunitario e o dereito nacional.

18. O mercado interior europeo: a libre circulación de persoal, a libre circulación de mercadorías, a libre circulación de traballadores, a libre circulación de capitais. Dereito comunitario da competencia.

19. As políticas e accións comunitarias: a política agrícola común, a política pesqueira común, a política común de transportes, a política social comunitaria, a protección do medio, a protección dos consumidores, outras.

20. A cohesión económica e social da Unión Europea. Configuración xurídica. A política rexional. A intervención financeira estructural: procedementos e documentos.

21. Aplicación da política rexional europea en Galicia no período 2000-2006. PEDEGA de Galicia. Programa Operativo Integrado de Galicia 2000-2006: eixes, medidas, dotacións financeiras, indicadores.

* Terceira parte (desenvolvemento rural).

22. Definición de desenvolvemento rural. Evolución das políticas de desenvolvemento rural a nivel europeo, nacional e autonómico. Situación actual.

23. Marco do desenvolvemento rural a nivel europeo. Documentos lexislativos. Fontes de financiamento. O regulamento 1257/99.

24. A iniciativa comunitaria Leader: Leader I, Leader II e Leader+. Concepto, lexislación e aplicación a nivel europeo e nacional. Aplicación de cada unha delas ó territorio galego.

25. Grupos de Acción Local (G.A.L.).-Definición, tipoloxía, obxectivos, funcións, órganos de goberno. Os responsables administrativos e financeiros. G.A.L. existentes en territorio galego.

26. Programas Proder, Proder-2 e Agader. Concepto, lexislación e aplicación a nivel nacional e de Galicia, en cada caso.

27. Políticas e accións definidas e/ou aplicadas polos distintos organismos da Xunta de Galicia con especial incidencia no medio rural galego. Descrición, implementación e resultados obxectivos.

28. A estratexia galega do medio rural. Metas, obxectivos, directrices. Piares para a súa aplicación. Elementos básicos.

29. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader): creación, obxectivos, órganos, funcións, estructura e lexislación aplicable.

30. O procedemento de seguimento e control de iniciativas e programas comunitarios implementados por Grupos de Acción Local por parte de Agader.

* Cuarta parte (específicos).

31. Xeografía física e política de Galicia. Principais accidentes físicos. Provincias, comarcas, concellos e principais localidades.

32. Estructura socioeconómica de Galicia: o contorno físico e xeográfico; dimensión e importancia en relación a España e á U.E.; importancia dos distintos sectores económicos; estructura empresarial. Factores limitantes.

33. A poboación galega: estructura, evolución e tendencias. Análise dos movementos migratorios e repercusión na economía e actividade rural. Distribución da poboación activa.

34. Infraestructuras, dotacións e equipamentos do medio rural galego. Fontes de datos. Situación actual.

35. O sector agrario galego: referencia ós outros sectores. Consideración dos distintos subsectores: agrícola, gandeiro e forestal. Importancia, produccións máis importantes, estructura da producción, evolución e perspectivas de cada un deles.

36. A terra en Galicia como factor de producción. Propiedade, distribución, evolución, tendencia e características asociadas a cada subsector productivo. Procedementos de mobilización de terras.

37. A producción forestal en Galicia: o catálogo de montes de utilidade pública. Os réximes xurídico e fiscal da propiedade forestal. Os montes veciñais en man común. Os montes de particulares. Distribución das superficies forestais en función do réxime de propiedade.

38. As estratexias europea e española de conservación da biodiversidade. A directiva relativa á conservación das aves silvestres. A directiva relativa á conservación dos hábitats naturais, da fauna e flora silvestres. Criterios de conservación da UICN. O convenio de Ramsar. As ZEPA, os LIC, as ZECs.

39. Normativa de protección de espacios naturais. A Lei 9/2001, de conservación da natureza. A Rede Natura 2000 en Galicia. A rede galega de espacios naturais protexidos. O Rexistro galego de espacios en réxime de protección xeral.

40. A agroindustria en Galicia: láctea, cárnica, de alimentación animal, enolóxica e de alcois, forestal, outras. De cada unha delas: dimensión, facturación, principais procesos productivos, localización, evolución e perspectivas de futuro.

41. A comercialización de productos agrarios en Galicia: características, situación, circuítos principais, axentes, perspectivas de futuro. A comercialización de productos agroalimentarios: normalización e tipificación de productos, características, situación e perspectivas. O consumo de productos agroalimentarios: características, evolución e perspectivas.

42. A calidade dos productos agrarios e agroalimentarios: definición e facturación. A calidade regulamentaria: normativa a nivel europeo, nacional e autonómico. As denominacións de calidade. Normativa europea estatal e autonómica. Situación en Galicia: denominacións existentes, evolución e perspectivas.

43. Recursos mariños de Galicia: regulamentación e normativa. Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca marítima de Galicia. A flota pesqueira galega. Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial. Actividades pesqueiras das distintas artes. Acuicultura: procesos productivos, principais produccións, situa

ción e evolución. Comercialización dos recursos mariños.

44. A industria de transformación dos productos da pesca, marisqueo e acuicultura en Galicia, en referencia ós contextos español e U.E. Evolución e perspectivas.

45. A ordenación do territorio: principios xerais. As directrices de ordenación do territorio. Os plans territoriais integrados. Os programas coordinados de actuación. Os plans e proxectos sectoriais. Os plans de ordenación do medio físico.

46. Planeamento urbanístico: os plans como figuras centrais do ordenamento urbanístico, as normas provinciais. O Plan Xeral de Ordenación Municipal. O proxecto de ordenación do medio rural. Os plans parciais e especiais.

47. Materiais e sistemas constructivos tradicionais aplicados á conservación e restauración de edificacións. Criterios e sistemas de utilización de materias, pintura, madeira, pedra e metais.

48. A Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia: obxecto, estructura e contido. Diferentes categorías legais de protección do patrimonio. Os plans especiais e a Lei 7/1995 como recurso de protección.

49. A Lei 7/1996, de desenvolvemento comarcal de Galicia. Plan de desenvolvemento comarcal de Galicia. Estructura dos instrumentos de planificación comarcal. A sociedade anónima para o desenvolvemento comarcal de Galicia. As fundacións para o desenvolvemento das comarcas de Galicia. O mapa comarcal de Galicia.

50.A Lei 9/1997, de ordenación e promoción do turismo en Galicia: estructura e contido. Obxecto y suxeito da lei. Dereitos e deberes en materia turística. Requisitos xerais para o establecemento de actividades empresariais turísticas: concepto e clases, autorizacións, rexistro de empresas, comunicación de prezos. A documentación obrigatoria.

51. O concepto de empresa. Aspectos xurídicos básicos da empresa: clases de empresa segundo a súa forma xurídica. Sociedades anónimas. O rexistro mercantil. Outros tipos de empresa. Sociedades limitadas. Empresas cooperativas.

52. Os estados financeiros da empresa. Balance. Contas de resultados. Do balance de situación ó balance de xestión. Ordenación de contas. Masas patrimoniais do activo e pasivo. Análise e diagnóstico económico-financeiro. Obxectivos financeiros da empresa. Rendibilidade, liquidez e risco. Obxectivos do diagnóstico. Análise patrimonial. Esquema de orixe e aplicación de fondos. Medidas da liquidez. Cash-flow e o seu financiamento. Rotación do activo circulante e os seus compoñentes. Flotación de provedores. Medidas da solvencia e a liquidez. Fondo de manobra e capital de traballo necesario. Rendibilidade sobre fondos propios e rendemento sobre activo total. Descomposición da rendibilidade: marxe, rotación, apancamento financeiro. Análise de custos: fixos e variables. As relacións custo-volume-beneficio. O punto morto.

53.Diagnósticos empresariais e planificación estratéxica e operativa na empresa.

54.Liñas de apoio sectorial da Comunidade Autónoma de Galicia á empresa galega: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, Consellería de Industria e Comercio, Dirección Xeral de Turismo.

55.Outras liñas de apoio: Igape, Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, outros.

IV.2 Técnicos II.

* Primeira parte (Normativa básica).

1. O concepto de constitución. A constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978, principios informadores. Estructura.

2. O Goberno. A súa composición e funcións. O presidente do Goberno. Os ministros. Relacións entre o Goberno e as Cortes.

3. A Administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos. Os organismos autónomos e as sociedades estatais. Órganos consultivos da Administración do Estado. O Consello de Estado e outros órganos consultivos.

4. A distribución territorial do poder do Estado. O Estado das autonomías na Constitución. Procesos de constitución das comunidades autónomas. Estructura, aprobación e reforma dos estatutos de autonomía.

5. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. O Goberno da Comunidade Autónoma.

6. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

7. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Composición e funcións. Os conselleiros: estatuto persoal e atribucións. Organización e estructura das consellerías. A Administración periférica das consellerías.

8. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ámbito de aplicación e principios informadores. Fases: iniciación, ordenación, instrucción e terminación.

9. Os contratos administrativos. As súas clases. Formas de contratación. Contido e efectos dos contratos administrativos. Cumprimento dos contratos administrativos. Risco e ventura e forza maior na contratación administrativa. Revisión de prezos. Resolución, recisión e renuncia.

* Segunda parte (U.E.).

10. As institucións da Unión Europea: o Consello de Ministros, a Comisión Europea, o Parlamento Europeo, o Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas e o Tribunal de Primeira Instancia, o Tribunal de Contas.

11. Os órganos da Unión Europea: o Comité Económico e Social, o Comité das Rexións, o Valedor do Pobo Europeo, a Oficina de Harmonización do Mercado Interior, outros órganos.

12. As normas de dereito comunitario: os textos constitutivos, o dereito derivado, a articulación entre o dereito comunitario e o dereito nacional.

13. O mercado interior europeo: a libre circulación de persoal, a libre circulación de mercadorías, a libre circulación de traballadores, a libre circulación de capitais. Dereito comunitario da competencia.

14. As políticas e accións comunitarias: a política agrícola común, a política pesqueira común, a política común de transportes, a política social comunitaria, a protección do medio, a protección dos consumidores, outras.

15. A cohesión económica e social da Unión Europea. Configuración xurídica. A política rexional. A intervención financeira estructural: procedementos e documentos.

16. Aplicación da política rexional europea en Galicia no período 2000-2006. PEDEGA de Galicia. Programa Operativo Integrado de Galicia 2000-2006: eixes, medidas, dotacións financeiras, indicadores.

* Terceira parte (desenvolvemento rural).

17. Definición de desenvolvemento rural. Evolución das políticas de desenvolvemento rural a nivel europeo, nacional e autonómico. Situación actual.

18. Marco do desenvolvemento rural a nivel europeo. Documentos lexislativos. Fontes de financiamento. O regulamento 1257/99.

19. A iniciativa comunitaria Leader: Leader I, Leader II e Leader+. Concepto, lexislación e aplicación a nivel europeo e nacional. Aplicación de cada unha delas ó territorio galego.

20. Grupos de Acción Local (G.A.L.).Definición, tipoloxía, obxectivos, funcións, órganos de goberno. Os responsables administrativos e financeiros. G.A.L. existentes en territorio galego.

21. Programas Proder, Proder-2 e Agader. Concepto, lexislación e aplicación a nivel nacional e de Galicia, en cada caso.

22. Políticas e accións definidas e/ou aplicadas polos distintos organismos da Xunta de Galicia con especial incidencia no medio rural galego. Descrición, implementación e resultados obxectivos.

23. A estratexia galega do medio rural. Metas, obxectivos, directrices. Piares para a súa aplicación. Elementos básicos.

24. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader): creación, obxectivos, órganos, funcións, estructura e lexislación aplicable.

25. O procedemento de seguimento e control de iniciativas e programas comunitarios implementados por Grupos de Acción Local por parte de Agader.

* Cuarta parte (Específicos).

26. Xeografía física e política de Galicia. Principais accidentes físicos. Provincias, comarcas, concellos e principais localidades.

27. Estructura socioeconómica de Galicia: O contorno físico e xeográfico; dimensión e importancia en relación a España e á U.E.; importancia dos distintos sectores económicos; estructura empresarial. Factores limitantes.

28. A poboación galega: estructura, evolución e tendencias. Análise dos movementos migratorios e repercusión na economía e actividade rural. Distribución da poboación activa.

29. O sector agrario galego: referencia ós outros sectores. Consideración dos distintos subsectores: agrícola, gandeiro e forestal. Importancia, produccións máis importantes, estructura da producción, evolución e perspectivas de cada un deles.

30. A agroindustria en Galicia: láctea, cárnica, de alimentación animal, enolóxica e de alcoles, forestal, outras. De cada una delas: dimensión, facturación, principais procesos productivos, localización, evolución e perspectivas de futuro.

31. Recursos mariños de Galicia: regulamentación e normativa. Lei de pesca de Galicia, a flota pesqueira galega. Actividades pesqueiras das distintas artes. Acuicultura: procesos productivos, principais produccións, situación e evolución. Comercialización dos recursos mariños.

32. A industria de transformación dos productos da pesca, marisqueo e acuicultura en Galicia, en referencia ós contextos español e U.E. Evolución e perspectivas.

33. A ordenación do territorio: principios xerais. As directrices de ordenación do territorio. Os plans territoriais integrados. Os programas coordinados de actuación. Os plans e proxectos sectoriais. Os plans de ordenación do medio físico.

34. A Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia: obxecto, estructura e contido. Diferentes categorías legais de protección do patrimonio. Os plans especiais e a Lei 7/1995 como recurso de protección.

35. A Lei 7/1996, de desenvolvemento comarcal de Galicia. Plan de desenvolvemento comarcal de Galicia. Estructura dos instrumentos de planificación comarcal. A sociedade anónima para o desenvolvemento comarcal de Galicia. As fundacións para o desenvolvemento das comarcas de Galicia. O mapa comarcal de Galicia.

36. A Lei 9/1997, de ordenación e promoción do turismo en Galicia: estructura e contido. Obxecto e suxeito da Lei. Dereitos e deberes en materia turística. Requisitos xerais para o establecemento de actividades empresariais turísticas: concepto e clases, autorizacións, rexistro de empresas, comunicación de prezos. A documentación obrigatoria.

IV.3 Administrativos.

1. A Constitución española. As Cortes Xerais. O poder xudicial. O goberno e a administración do Estado.

2. A organización territorial do Estado na Constitución. As Comunidades Autonómas. O estatuto de autonomía para Galicia: estructura e contido.

3. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia: funcións. O Consello da Xunta. O Valedor do Pobo.

4. A Administración pública galega. As consellerías: organización e estructura. A administración institucional na Comunidade Autónoma galega. As corporacións de dereito público de Galicia. As fundacións de interese galego.

5. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Creación. Obxectivos. Organización e estructura. Funcións. Normativa reguladora.

6. As comunidades europeas. Natureza, obxectivos e fins. As institucións comunitarias e o seu funcionamento. A Acta única europea. O tratado da Unión Europea. A integración de España na Comunidade Europea. O tratado de Amsterdam.

7. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases.

8. Os contratos administrativos. Natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos.

9. A xestión económica-financeira de Galicia. A Lei de orzamentos e as leis anuais de orzamentos. Os orzamentos: concepto e natureza. Contido. Estructura. Elaboración. Aprobación. A Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A facenda da Comunidade Autónoma. Os orzamentos da C.A. Control orzamentario. O Consello de Contas.

10. Dereito laboral e Seguridade Social. O contrato de traballo. Forma do contrato. Duración do contrato. Dereitos e deberes derivados do contrato de traballo. Tipos de contrato.

11. Réxime xeral da Seguridade Social. Inscrición das empresas. Afiliación, alta, baixa e variación de traballadores. Cotización no réxime xeral. O sistema RED da Seguridade Social.

12. Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da CAG.

13. Introducción á comunicación. Diferencia entre información e comunicación. Tipos de comunicación: oral e telefónica. Atención ó público: acollida e información ó administrado. Os servicios de información administrativa.

14. Concepto de documento, rexistro e arquivo. Funcións do rexistro e dos arquivos. Clases de arquivo. Especial consideración do arquivo de xestión.

15. Análise documental: documentos oficiais. Formación do expediente. Documentación de apoio informativo. Criterios de ordenamento do arquivo. O arquivo como fonte de información: servicios de

arquivo. Aplicación de novas tecnoloxías á documentación do arquivo. Disposicións legais sobre normalización e procedemento: escritos oficiais.

16. Chamadas a través de operadora. Procedementos. Definición dos tipos de chamadas. Centrais telefónicas. Tipos de centraliñas. Características. Centraliñas modulares. Centrais dixitais.

17. A automatización de oficinas. Concepto de informática e aplicacións. Nocións sobre microordenadores. Elementos físicos.

18. Sistema operativo: conceptos xerais. O sistema Windows. Software ofimático. Follas de cálculo. Procesadores de textos. Bases de datos.

19. A rede Internet. Correo electrónico. As páxinas web.

20. Xeografía física e política de Galicia. Principais accidentes físicos. Provincias, comarcas, concellos e principais localidades.

IV. 4 Conductores-ordenanzas.

1. A Constitución española. Dereitos e deberes fundamentais. A Coroa. As Cortes Xerais. O Tribunal Constitucional. O Consello Xeral do Poder Xudicial.

2. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción, e terminación. Recursos administrativos. Concepto e clases.

3. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. A administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Organización e estructura das consellerías. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: estructura e funcións.

4. Xeografía física e política de Galicia. Principais accidentes físicos. Provincias, comarcas, concellos e principais localidades.

5. Código de circulación. Dereito de regulación do servicio automobilístico da Xunta de Galicia. Orde que o desenvolve.

6. O conductor. Factores que diminúen as actitudes do conductor. Permisos e licencias de conducción: clases e vehículos autorizados a conducir.

7. Vehículo: definicións, documentación, a carga e as persoas transportadas.

8. O accidente de circulación: comportamento en caso de accidente. Delictos contra a seguridade do tráfico. Nocións básicas de primeiros auxilios.

9. Funcionamento dun motor de catro tempos: admisión, compresión, explosión ou acendido e escape.

10. Clasificación dos motores: pola súa disposición, polo número de cilindros e polo tipo de combustible.

11. O engraxamento: aceites, a súa finalidade e tipos. Sistemas de engraxamento. Cambio de aceites. Ventilación. Filtración. Refrixeración no vehículo: funcións, distintos tipos de refrixeración, e o seu coñecemento.

12. Elementos de seguridade: freos, tipos e o seu coñecemento. A suspensión. Funcións dos amortecedores.

13. A transmisión: caixa de cambios. Árbore de transmisión. Diferencial. Palieres. Embrague, a súa misión.

14. Electricidade do vehículo. Batería. Bobina. Ruptor. Distribuídor. Buxías. Regulación. Dinamo. Alternador. Motor de arrincada. Bendix. O condensador. Simboloxía: corrente continua, corrente alterna, fusible, resistencia, condensador, amperímetro, voltímetro, motor xerador, interruptor.

15. O motor diésel. Órganos principais. Bomba de inxección e inxectores: funcionamento. Bomba de alimentación. Arrincada en frío, quentadores.

16. Pneumáticos e lamias. Aliñamento do eixe dianteiro. Convenxencia e caída. O fenómeno «aquaplaning». Mantemento sistemático dun vehículo. Avarías, síntomas. Comprobacións. Posta a punto do vehículo. Reparacións de emerxencia.

17. Recepción. Control de entrada e saídas do persoal do centro e dos usuarios dos distintos servicios.

18. Estadías dos usuarios dos servicios do centro. Información, orientación e asistencia. Servicio de chaves e o seu control, correspondencia. Recados e mensaxes. Correspondencia oficial: entradas, saídas e repartición.

19. Información e atención ó cidadán.

20. Chamadas a través de operadora. Procedementos. Preparación da consola. Definición dos tipos de chamadas. Servicio nocturno. Alarmas. Centrais telefónicas. Tipos de centraliñas. Características. Centraliñas modulares. Centrais dixitais.