Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.305

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (22/2002-E).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia número un de Corcubión, fai saber que nos autos que se tramitan neste xulgado de xuízo verbal nº 00022/2002, seguidos por instancia de Josefa Trillo Marcote, contra Perfecto Trillo Marcote, Ramón Trillo Marcote, Manuel Trillo Marcote, Carmen Trillo Marcote, Juan Redonda Trillo e Inocencia Marcote Rodríguez, consta dictada a sentencia, co encabezamento e disposición xudicial, son do teor literal seguinte:

«Corcubión, dez de abril de dous mil dous.

Francisco Javier Collazo Lugo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta localidade dictou sentencia no xuízo verbal nº 22/2002, sobre acción declarativa de propiedade, seguidos por instancia de Josefa Trillo Marcote, representada polo procurador José Manuel García Rodríguez e asistida polo letrado Paulino Pérez Riveiro contra Perfecto Trillo Marcote, Ramón Trillo Marcote, Manuel Trillo Marcote, Carmen Trillo Marcote, Juan Redonda Trillo e Inocencia Marcote Rodríguez, tódolos cales permaneceron en situación procesual de rebeldía.

Disposición xudicial

Estimando integramente a demanda interposta polo procurador José Manuel García Rodríguez, na representación de Josefa Trillo Marcote.

1º Declaro que pertencen a Josefa Trillo Marcote, con carácter privativo, por telas adquirido en virtude de prescrición do dominio, os seguintes predios:

a) Predio nº 296 do Plan Xeral da Parcelaria de San Xoán de Sardiñeiro, a labrantío-secaño, no sitio de Seares, concello de Fisterra. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión no folio 79 do tomo 388, libro 41 do Concello de Fisterra, predio nº 3681. Estrema: norte, camiño construído polo servicio de concentración parcelaria; suro, Jesús Redonda Lestón (293); leste, Perfecto Trillo Marcote e outros (295); e oeste, Alfredo Canosa Toba (297). Ten unha extensión de tres áreas e noventa e tres centiáreas.

b) Predio nº 458 do Plan Xeral da Parcelaria San Xoán de Sardiñeiro, a labrantío-secaño, no sitio de Suarea de Arriba, concello de Fisterra. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión no folio 141, tomo 389, libro 42 do Concello de Fisterra, predio nº 3842. Estrema: norte, Dolores Canosa Marcote (453) e Antonio Blanco Canosa (452); sur, camiño construído polo servicio de concentración parcelaria; leste, monte Fonriñas; e oeste, Clemente Domínguez Sendón (459) e camiño construído polo servicio de concentración parcelaria. Ten unha extensión de dezaoito áreas e vintecatro centiáreas.

c) Predio nº 550 do Plan Xeral da Parcelaria de San Xoán de Sardiñeiro, a labrantío-secaño, no sitio de Leiras do Mar, concello de Fisterra. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión no folio 81 do tomo 390, libro 43 do Concello de Fisterra, predio nº 3932. Estrema: norte, Honorina Días Bermúdez (549); sur, Jesús Louzán Beiro e outros (551); leste, camiño construído polo servicio de concentración parcelaria; e oeste, Jesús Louzán Beiro e outros (551) e Manuela Tomé Piñeiro (552). Ten unha extensión de dez áreas e setenta e seis centiáreas.

2. Condeno a Perfecto Trillo Marcote, Ramón Trillo Marcote, Manuel Trillo Marcote, Carmen Trillo Marcote, Juan Redonda Trillo e Inocencia Marcote Rodríguez a estar e pasar pola dita declaración.

3. Rectifíquense as inscricións dos devanditos predios no Rexistro da Propiedade de Corcubión, inscribíndoos a nome de Josefa Trillo Marcote con carácter privativo e cancélense as inscricións contradictorias existentes.

Todo iso sen facer expresa condena en custas.

Notifíqueselle-la presencia sentencia ás partes coa mención expresa de que é susceptible de recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, que se preparará por escrito, antes este xulgado, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia o pronuncio e asino. Asinado».

E para que sirva esta cédula de notificación en legal forma a Ramón Trillo Marcote, Manuel Trillo Marcote, Carmen Trillo Marcote, Juan Redonda Trillo e Inocencia Marcote Rodríguez, en situación de rebeldía procesual expido e asino este edicto en Corcubión o tres de maio de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA