Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.304

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se modifica a publicación da relación de aspirantes que superaron o concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

A División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicou os acordos dos tribunais no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo), cos aspirantes definitivamente seleccionados.

Non obstante, algúns dos tribunais, segundo o disposto na base décima, 3. da citada convocatoria rectificaron erros materiais ou aritméticos na puntuación definitiva dalgúns aspirantes, polo que adoptado acordo ó respecto para os efectos de seguridade xurídica e da súa máxima difusión procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, con indicación dos lugares onde están expostas novamente as correspondentes listaxes corrixidas, facultándose expresamente para isto a este centro directivo, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-las listaxes de puntuacións e publica-las novamente nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde e nos dos seus centros de xestión de atención primaria

e especializada coas seguintes rectificacións de aspirantes que superaron o dito concurso-oposición:

ATS/DUE:

Isidro Dueñas Barraincua, DNI 35302893, puntuación experiencia 44,400; puntuación final 177,467.

Rosario Álvarez López, DNI 36068321, pasa de excluída a admitida; puntuación experiencia 70,000; puntuación formación 10,000; puntuación final 216,267.

TEL:

Isabel Arias Fernández, DNI 9743174, puntuación experiencia 46,500; puntuación final 193,800.

Mª Pilar Domínguez Rodríguez, DNI 33993972, puntuación formación 2,000; puntuación final 190,830.

Mª Inmaculada Lodeiro Graña, DNI 52492998, puntuación experiencia 50,370; puntuación final 194,720.

Auxiliar de enfermería:

Eva Mª Garrido Miguens, DNI 32655776, puntuación formación 5,000; puntuación final 138,500.

Manuela Acuña Martínez, DNI 34873280, puntuación experiencia 53,460; puntuación final 184,793.

Mª José González García, DNI 34966577, puntuación experiencia 14,600; puntuación final 134,267.

Mª Teresa Pérez Fernández, DNI 71867895, puntuación experiencia 39,420; puntuación final 185,587.

Ana Isabel Rascado Hermida, DNI 32646259, pasa de excluída a admitida; puntuación final 218,953.

Auxiliar da función administrativa:

María José García García, DNI 76351076, puntuación formación 10,000; puntuación final 209,000.

Elena Mª Armesto Rodríguez, DNI 76863518, puntuación formación 5,000; puntuación final 184,500.

Celador:

Diego Barco Díaz, DNI 8994094, puntuación experiencia 43,070; puntuación final 188,770.

Segundo.-Contra os acordos destes tribunais que se fan públicos con esta resolución, poderá interpoñerse recurso de alzada ante este centro directivo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE CORCUBIÓN