Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.306

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (311/2002).

Tribunal que ordena emprazar:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela.

Asunto que se acorda: divorcio contencioso 311/2002

Persoa á que se empraza:

Alejandro Miguel Fernández Quintana, fillo de Modesto e de Elena, nacido en Buenos Aires (Arxentina), o día 8 de outubro de 1951 en concepto de parte demandada.

Domicilio: paradoiro descoñecido.

Obxecto de emprazamento:

Comparecer no xuízo expresado para contestar por escrito á demanda, na que figura como parte demandada. Xúntase copia da demanda, dos documentos acompañados e do auto de admisión daquela.

Tribunal ante o que debe comparecer:

Na sede deste xulgado.

Prazo para comparecer:

Vinte días hábiles computados desde o seguinte ó deste emprazamento.

Prevencións legais:

1. Se non comparece, declararáselle en situación de rebeldía procesual e notificada esta, non se levará a cabo ningunha outra, excepto a da resolución que poña fin ó proceso (artigos 496 e 497 da Lei 1/2000, de axuizamento civil).

2. A comparecencia en xuízo debe realizarse por medio de procurador, coa asistencia de avogado (artigo 750 da LAC).

3. Debe comunicar a este tribunal calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso (artigo 155.5º parágrafo primeiro da LAC).

Santiago de Compostela, catorce de xuño de dous mil dous.

O/a secretario/a xudicial

Rubricado