Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.140

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DA CORUÑA

EDICTO (439/2001).

Na Coruña, oito de maio de dous mil dous.

Nos autos de filiación que baixo o número 439/2001 se seguen neste xulgado dictouse sentencia de data vintecinco de abril de dous mil dous, con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Sentencia.

En nome de El-Rei de España, vistos por Carmen Amelia Gomá García, maxistrada xuíza con destino no Xulgado de Primeira Instancia número cinco desta cidade os autos de filiación, tramitados ante o xulgado co número 439/2001 promovidos polo procurador señor Domingo Antonio Rodríguez Siaba en nome e representación de María Jesús Fariña Mosquera contra herdeiros descoñecidos de Felisardo López Raña, José, María, Jesús, Ricardo, Jesusa, Dorinda e Leticia López Raña, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo estima-la demanda formulada pola representación de María Jesús Mosquera contra os herdeiros descoñecidos de Felisardo López Raña e contra José, María, Jesús, Ricardo, Jesusa, Dorinda e Leticia López Raña, e debo declara-la paternidade de Felisardo López Raña respecto de María Jesús Fariña Mosquera, con tódolos efectos legais inherantes a tal declaración. Accédese á rectificación da inscrición rexistral de nacemento no pertinente

para o seu acomodo á nova situación legal, con imposición de custas ós demandados.

E para que conste e sirva de notificación á demandada rebelde Leticia López Raña, a súa publicación e inserción no DOG, expido e asino este edicto na Coruña, oito de maio de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE CORCUBIÓN