Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.139

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (645/2001).

Manuel Ferreiro González, secretario da Sala da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña.

Certifico que na apelación número 645/2001, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, dictouse sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Rolo: recurso de apelación 645/2001-E.

Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña.

Número 91.

A Coruña, seis de marzo de dous mil dous.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por María del Carmen Taboada Caseiro, presidenta, Mª José Pérez Pena, Luis Barrientos Monge.

En nome de El-Rei.

Pronunciaron a seguinte sentencia.

No recurso de apelación civil número 645/2001, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, sobre reclamación de cantidade en xuízo de menor contía entre partes, dunha e como apelante Isolux Wat, S.A., representado polo procurador Real Ruíz, e da outra e como apelado Ins

talaciones Marfra, S.L., representado polo procurador Uña Piñeiro, e como demandado en situación de rebeldía procesual Vicente Quintela Pampín. É relatora María José Pérez Pena.

Decidimos que con estimación do recurso interposto contra a sentencia dictada o 15 de decembro de 2000, polo Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, resolvendo o xuízo de menor contía nº 524/1999, debemos revogar e revogámo-la citada resolución, toda vez que a demanda formulada polo demandante debe ser desestimada coa consistente absolución dos demandados das pretensións nela formuladas; con imposición das custas causadas en primeira instancia á demandante e sen facer expresa imposición en canto ás causadas nesta alzada.

E ó xulgado de procedencia, líbrese a certificación correspondiente con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, expido e asino o presente edicto na Coruña, quince de abril de dous mil dous.

O secretario

Rubricado