Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.140

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (91/2002-O).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Corcubión fai saber que neste xulgado se seguen autos de declaración de falecemento co número 00091/2002, instado por Carmen Martínez Quintáns, para a declaración de falecemento de Luis Traba Martínez, nacido en Fisterra, o 5 de marzo de 1974, fillo de Saturnino e de Carmen, e co último domicilio coñecido en Fisterra, lugar no que foi visto por última vez o día 22 de marzo de 1995 cando se dirixía a pescar percebes: se vivise na actualidade o desaparecido tería 28 anos.

Expido o presente edicto para a súa inserción no DOG e demais publicacións ós fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación co artigo 193 e concordantes do Código civil.

Corcubión, 10 de xuño de 2002.

Juan Riobo Fernández

Secretario

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA