Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.140

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (317/2001).

Eu, Francisco Castiñeira Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 317/2001 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Procedemento: xuízo de faltas 317/2001.

En Santiago de Compostela o trinta e un de maio de dous mil dous.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza de Instrucción, vista e oída en xuízo oral e público esta causa xuízo de faltas 317/2001, seguida por unha falta

de lesións, no que foron parte ademais do Ministerio Fiscal, José Cotón Botana, denunciante, e como denunciados Arturo Vázquez Suárez e José Antonio Vázquez Vilar, pronunciou a seguinte sentencia:

Decido que debo absolver e absolvo a Arturo Vázquez Suárez e a José Antonio Vázquez Vilar, con declaración de custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, Sección 6 con sede en Santiago de Compostela, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Arturo Vázquez Suárez, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o trinta e un de maio de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO

NÚMERO DOUS DA CORUÑA