Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.141

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO DOUS DA CORUÑA

ANUNCIO (36/2002).

En cumprimento do disposto no artigo 47.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA), faise público a interposición e admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo que a continuación se indica.

Número de recurso: 36/2002.

Data de interposición: 5-10-2001.

Recorrente: Confederación Intersindical Galega (CIG).

Administración autora da actuación impugnada: Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña (Sergas).

Actuación impugnada: Resolución do 13 de xullo de 2001, da dirección-xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña, sobre concursos de consultorías, asistencias e servicios.

Na Coruña, 10 de xuño de 2002.

O/A secretario/a xudicial

Rubricado