Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.141

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (903/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que nese xulgado séguense autos número 903/2001 por instancia de Elena Pérez López contra Playamar Servicios Hosteleros, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 5-6-2002 que copiado nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Elena Pérez López contra a empresa Playamar Servicios Hosteleros, S.L. debo condenar e condeno á demandada a que aboe ó demandante a cantidade de 1.013,62 euros (168.662 pesetas) por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e fagáselles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia o pronuncio, mando e asino.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgado pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Playamar Servicios Hosteleros, S.L., expido e asino a presente na Coruña, 10 de xuño de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado