Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.141

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

AUTOS (951/2000).

Eu, Camilo J. García Puertas Magariño, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe que nestes autos do xuízo verbal número 95/2000, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela por instancia de Guillermo Gómez Rial, contra Auto Tur, S.L., en reclamación de cantidade, dictouse, con ata do dezasete de xaneiro de dous mil dous, sentencia, que ten a decisión xudicial do teor literal seguinte:

«Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Guillermo Gómez Rial contra a empresa Auto Tur, S.L., Indalcar Autos, S.L., Musiclass, S.L. e Antonio Avilés López, condenando os demandados a lle aboar solidariamente ó actor a suma de cento oitenta mil trescentas trinta e tres pesetas (1.083,82 euros), máis os xuros de demora do 10% previsto no artigo 29.3º do E.T., e sen prexuízo das reponsabilidades legais que, se é o caso, poidan corresponder ó Fondo de Garantía Salarial.

E, para que lle sirva de notificación de sentencia a Auto Rur, S.L., con domicilio na r/ Xeneral Pardiñas, 3, baixo, en Santiago de Compostela, provincia da Coruña; e Emilia Pardo Bazán, nº 2 da Coruña, hoxe en paradoiro descoñecido, fáiselle saber contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días.

E así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia en Santiago de Compostela o 3 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado