Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.142

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

AUTOS (870/2001).

Camilo J. García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dá fe que nos presentes autos de xuízo verbal número 870/2001, seguidos neste xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de José Rivas Midón, contra José L. Sanda y José R. Mayo, S.C. en reclamación de despedimento, se dictou, con data do 7 de marzo, sentencia, cun dictame que é do teor literal seguinte:

«Dispoño que debo estimar a demanda interposta por José Rivas Midón contra a empresa José Luis Sanda y José R. Mayo, S.C. declarando o despedimento do demandante como improcedente e condenando a empresa a readmiti-lo traballador nas mesmas condicións que rexían ó producirse o despedimento, ou, a elección da empresa, a que lle aboe unha indemnización de 125.568 pesetas, 754,68 euros, e a suma de 582.000 ptas., 3.497,89 euros en concepto de salarios de tramitación, así como os salarios que se poidan devengar desde a data desta sentencia ata a data da súa notificación a razón dun haber diario de 5.820 pesetas, 34,98 euros.

Notifíquese a presente sentencia ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que deberá anunciarse no prazo de cinco días desde a notificación desta sentencia.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación de sentencia a José L. Sanda y José R. Mayo, S.C. con domicilio en rúa Alexandro Bóveda 13-4º C, hoxe en paradoiro descoñecido, e facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación.

E, así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela o xoves 13 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA