Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada contra a resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural de data 27 de xuño de 2000 referida á zona de concentración parcelaria da zona de Lourezá Sur (Lourezá-Lugo), devolta polo servicio de correos.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por seren devoltas polo servicio de correos, notifícaselle ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figura no anexo I, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por Pablo Muíño Leyes contra a resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural de data 27 de xuño de 2000 referida á zona de concentración parcelaria da zona de Lourenzá Sur (Lourenzá, Lugo).

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO I

Destinatario: Pablo Muíño Leyes.

Domicilio: San Tomé- Lourenzá (Lugo).

Texto: «Inadmiti-lo recurso de alzada interposto por Pablo Muíño Leyes contra a resolución da Dirección Xeral da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural (actualmente Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias), de data 27 de xuño de 2000, polas razóns expostas no fundamento de dereito segundo.

Esta resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción da presente, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria

para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa de 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente.»

O fundamento de dereito segundo é o seguinte:

«Os informes emitidos polos servicios técnicos desta consellería, logo do pertinente exame do expediente poñen de manifesto o seguinte:

No escrito que deu lugar á resolución recorrida, a única alegación formulada, versaba sobre a situación dun pozo negro propiedade do recorrente que, segundo el, quedaba, parte no seu predio 3.025, e parte no predio 3.024 e, a única pretensión formulada, era a solicitude de que se modificara o linde entre os predios 3.025 e 3.024, co obxecto de que o pozo negro quedara dentro do predio 3.025.

A resolución do 27 de xuño de 2000 versaba, loxicamente, sobre esta pretensión, que se desestimaba porque, logo do oportuno recoñecemento sobre o terreo, resultou que o pozo negro referenciado quedaba xa incluído na súa totalidade no predio 3.025.

As alegacións que agora presenta, no recurso interposto contra a resolución citada, non teñen relación ninguna co que foi obxecto de estudio e resolución nela.

As alegacións presentadas versan sobre cuestións que, se é o caso, deberían ter sido alegadas mediante a interposición de recurso contra o acordo no período legalmente previsto (30 días contados desde o seguinte á inserción do último aviso de publicación do acordo), acordo que se publicou no DOG de 23 de xaneiro de 1996 e no BOP de 30 de xaneiro do mesmo ano.

Polo exposto, as alegacións agora formuladas, non son procedentes non procedendo tampouco entrar no fondo delas, polo antes sinalado.»