Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifican senllas resolucións de recursos de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Santa Eulalia de Probaos (Cesuras, A Coruña), devoltas polo servicio de correos.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por ser devoltas polo Servicio de Correos, notifícase ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran nos anexos I e II, a parte dispositiva das resolucións dos recursos de alzada interpostos por Claudino Manteiga Manteiga e Josefa Manteiga Manteiga contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Santa Eulalia de Probaos (Cesuras, A Coruña).

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO I

Destinatario: Antonio Vales Ulloa.

Domicilio: Salvador de Madariaga, s/n A Coruña, 15008.

Texto: «Estima-lo recurso que, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Santa Eulalia de Probaos (Cesuras, A Coruña), interpuxo Claudino Manteiga Manteiga, propietario nº 187, no sentido de:

-Modifica-la configuración do predio de substitución nº 875, incrementando a súa superficie polo sur, e diminuíndo, en compensación, a superficie do predio 238, quedando estas do xeito que se indica:

Predio 875 (Claudino Manteiga Manteiga).

Superficie: 1.255 m-Clase: 870 de L-2 e 385 de L-3.- Valor: 989,75 puntos.

Predio 238 (Claudino Manteiga Manteiga).

Superficie: 1.075 m-Clase: 610 de L-3 e 465 de M-2.- Valor: 629 puntos.

Como consecuencia desta modificación, varían tamén os predios que a continuación se indican, do xeito que se sinala:

Increméntase a superficie do predio nº 850 de Antonio Vales Ulloa, pasando de 1.615 m e 1.582,25 puntos a 2.075 m (795 de PR-1, 630 de L-1, 485 de L-2, 50 de L-4, 105 de ER, 10 de Cº) e 2.126,25 puntos.

En compensación, detráese o seu valor do predio número 877, que pasa de 2.135 m e 1.723,75 puntos a 1.525 m (1.195 de L-2 e 330 de L-4) e 1.180, 75 puntos.

Modifícase o predio nº 868 de Jesús Baamonde Gacio, pasando de 1.140 m e 1.353 puntos, a 680 m (660 de PR-1 e 20 de L-2) e 809 puntos, adxudicándolle en compensación pola diminución de superficie, o predio 260-1 con 840 m (815 de L-2 e 25 de I) e 694 puntos.

Esta resolución ponlle fin á vía administrativa, e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción da presente, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen pertinente.

Notifíquese ós interesados na forma prevista na lexislación vixente, acompañando copias parciais dos planos e das fichas de atribucións.»

ANEXO II

Destinatario: Antonio Vales Ulloa.

Domicilio: Salvador de Madariaga, s/n A Coruña, 15008.

Texto: «Estima-lo recurso que, contra o acordo de concentración parcelaria de Santa Eulalia de Probaos (Cesuras, A Coruña), interpuxo Josefa Manteiga Manteiga no sentido de:

Modifica-la configuración do predio de substitución nº 874, incrementando a súa superficie e diminuíndo, en compensación, a superficie do predio 846, quedando estas do xeito que se indica:

Predio 874 (Josefa Manteiga Manteiga).

Superficie: 1.395 m-Clase: 70 de PR-1, 865 de L-2 e 460 de L-3.- Valor: 1.118,25 puntos.

Predio 846 (Josefa Manteiga Manteiga).

Superficie: 1.095 m-Clase: L-2.- Valor: 930,75 puntos.

Como consecuencia desta modificación, varían tamén os predios que a continuación se indican, do xeito que se sinala:

Increméntase a superficie do predio nº 850, de Antonio Vales Ulloa, pasando de 1.615 m e 1.582,25 puntos a 2.075 m (795 de PR-1, 630 de L-1, 485 de L-2, 50 de L-4, 105 de ER, 10 de Cº) e 2.126,25 puntos.

En compensación, detráese o seu valor do predio nº 877, que pasa de 2.135 m e 1.723,75 puntos a 1.525 m (1.195 de L-2 e 330 de L-4) e 1.180,75 puntos.

Modifícase o predio nº 868 de Jesús Baamonde Gacio, pasando de 1.140 m e 1.353 puntos, a 680 m (660 de PR-1 e 20 de L-2) e 809 puntos, adxudicándolle en compensación pola diminución de superficie, o predio 260-1 con 840 m (815 de L-2 e 25 de I) e 694 puntos.

Esta resolución ponlle fin á vía administrativa, e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de 2 meses contados a partir da recepción da presente, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa de 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen pertinente.

Notifíquese ós interesados na forma prevista na lexislación vixente, acompañando copias parciais dos planos e das fichas de atribucións».