Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións do parque eólico denominado Monte Castelo. (Expediente IN661A 00/1-4).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións do parque eólico Monte Castelo, con 37 aeroxeradores de potencia unitaria 850 kW, potencia total 31,45 MW, sito nos termos municipais de Lalín e Vila de Cruces (expediente IN661A 00/1-4), por resolución da Consellería de Industria e Comercio do 11 de xuño de 2002 a favor da entidade beneficiaria Gamesa Energía, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na avenida do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

Esta delegación provincial acorda sinala-lo día 18 de xullo de 2002 ás 10 horas no Concello de Lalín, como punto de reunión previo para desprazarse posteriormente ó terreo para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril

de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables que son obxecto de expropiación forzosa, servidumes permanentes de paso e ocupación temporal por obras, contidos na relación de predios que se xunta e se expón con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Lalín, deducida do acordo da Delegación Provincial de Industria e Comercio de Pontevedra do 6 de xuño de 2000 que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 19 de xuño de 2000; actos ós que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselles a data e a hora do levantamento efectivo das actas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

Pontevedra, 5 de xullo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de fincas que se van expropiar

Parque eólico Monte Castelo

PropietarioSuperficie afección

NomeEnderezoPol.Par.(S.E.)(S.V.)(P.E.)(O.T.)

19Descoñecido, rpte. fiscal da Audiencia Provincialr/ Salvador Moreno, nº 5, 32002 Pontevedra--14.142,31 m3.067,86 m36.547,81 m36.547,81 m

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL