Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a declaración de minero-medicinal das augas do manancial denominado Nai de Deus.

En cumprimento do dispostos no artigo 39 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minería, faise pública a resolución da secretaría xeral de Industria, do 16 de abril de 2002, pola que se formula a declaración da condición de minero-medicinal das augas do manancial Nai de Deus, sito no lugar de Prado da Fonte, parroquia de Sambreixo, no concello de Palas de Rei (Lugo), instado por Manuel Víctor Aramburu Molet, en nome da sociedade Balneario do Río Pambre, S.L., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Lugo, 29 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Examinada a solicitude presentada pola sociedade Balneario do Río Pambre, S.L., resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 4 de abril de 2001 Manuel Víctor Aramburu Molet, en nome da sociedade Balneario do Río Pambre, S.L., solicita a declaración da condición de minero-medicinal das augas do manancial Nai de Deus, sito no lugar de Prado da Fonte, parroquia de Sambreiro, no concello de Palas de Rei (Lugo).

Segundo.-O expediente de referencia conta co preceptivo informe favorable da Consellería de Sanidade.

Terceiro.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo informa favorablemente a solicitude de referencia.

Fundamento de dereito.

Primeiro.-Esta consellería é competente para resolver este expediente, con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, nos reales decretos 1634/1980, do 31 de xullo, 2563/1982, do 24 de xullo, nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro e 132/1982, do 4 de novembro, e no decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade autónoma de Galicia, e o Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 116/2001, do 10 de maio; a Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e o Regulamento xeral para o réxime da minería, aprobado polo Real decreto 2857/1978, do 25 de

agosto, e demais normativa específica que resulte de aplicación.

Segundo.-Na tramitación do expediente cumpríronse tódolos preceptos contidos na Lei 5/1995, xa mencionada, e no artigo 39 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Esta consellería, de acordo co que antecede e en exercicio das competencias que ten atribuídas, resolveu declara-la condición de minero-medicinal das augas do manancial Nai de Deus, sito en Sambreixo, no concello de Palas de Rei (Lugo).

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250,

do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria e

Comercio de Lugo