Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se realiza a publicidade da do 18 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto da concesión de explotación derivada do P.I. Silvela 2, número 5727.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (Diario Oficial de Galicia nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo,

RESOLVE:

Dar publicidade mediante a presente publicación, á Resolución do 18 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto da concesión de explotación derivada do P.I. Silvela 2, nº 5727, sita en terreos do Concello de Friol, provincia de Lugo, promovido por Ingemarga, S.A.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 1,519 ha, no Concello de Friol, da cal a designación puntual en coordenadas UTM sería x=592.399, y=4.771.006, aproximadamente. Foi incorporada ó expediente do citado aproveitamento e encontrase ó dispor de calquera interesado nesta delegación provincial.

Lugo, 10 de maio de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo