Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/49-2, 5830 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Os Parentes S.C.B. Finca O Arransallo.

Domicilio social: Trasar de Carballo, 10, 27520 Carballedo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Arransallo (Trasar de Carballo).

Situación: Carballedo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 24 m de lonxitude, conductor tipo LA-56. C.T. aéreo de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/400-230 V. L.B.T.S. de 20 m de lonxitude, conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo