Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.891

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (847/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos de xuízo número 847/2001 seguidos pola instancia de Manuel Bermúdez Fraga y Otro contra Estudios y Construcciones en Mera, S.L. y Otros sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 4-6-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que aceptando a demanda interposta polos demandantes debo declarar e declaro o dereito dos demandantes a percibi-la cantidade de 735.000 pesetas e 739.500 pesetas respectivamente polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e en tal sentido debo condenar e condeno a Estudios y Construcciones en Mera, S.L., a empresa Arco Mera, S.L., a empresa Tuidea Factory, S.L. a empresa Factory, S.L., e as persoas físicas Héctor Rodríguez Pardo e Pilar Rodríguez Pardo a que estando e pasando por tal declaración lles aboen solidariamente os demandantes Manuel Bermúdez Fraga e Manuel Vilo Cabanas as cantidades de 735.000 pesetas (4.417,44 euros) e 739.500 pesetas (4.444,48 euros) respectivamente.

E debo absolver e absolvo ó Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade legal prevista no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, e que, se é o caso, será resolto, cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, identificador 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta, identificador 5602, en calidade de depósito e nun impreso separado ó importe da condena.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación ás empresas Estudios y Construcciones en Mera, S.L., Arco Mera, S.L., Factory, S.L., Héctor Rodríguez Pardo que tiveron o seu último enderezo coñecido na Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 4 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado