Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.890

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (345/2000).

Amelia Cortizo Moure, maxistrada xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, fago saber que no dito xulgado e co número 345/2000 tramítase procedemento xudicial sumario ó abeiro do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia do Instituto Galego da Vivenda e Solo, contra Eduardo Cordido Silveira, María Violante Silva, en reclamación de crédito hipotecario, no que, por resolución desta data, se acordou sacar a poxa pública por primeira vez e termo de vinte días os bens que máis adiante se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 25 de setembro de 2002, ás 10.30 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro: que non se admitirán posturas que non cubran o tipo da poxa.

Segundo: que os licitadores, para tomaren parte na poxa deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. nº 1583, unha cantidade igual, alomenos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirvan de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento, requisito sen o cal non serán admitidos, non aceptándose entrega de diñeiro en metálico ou cheques no xulgado.

Terceiro: poderán participar en calidade de cede-lo remate a terceiros. Tendo en conta que a vivenda que se saca a poxa está cualificada como vivenda de promoción pública, a adxudicación réxese polo establecido no Decreto autonómico 98/1992, do 26 de marzo, polo que se regula a adxudicación de vivendas de promoción pública.

De acordo co disposto no citado decreto, o adquirente da vivenda e anexos deberá reuni-los seguintes requisitos:

a) Ingresos ponderados anuais totais iguais ou inferiores a 2'5 veces o salario mínimo interprofesional.

b) Residir habitualmente ou te-lo posto de traballo no concello de Santiago de Compostela.

c) Certificación catastral de non ser propietario de ningunha outra vivenda.

d) Declaración xurada de destina-la vivenda a domicilio habitual ou permanente.

Cuarto: en tódalas poxas, desde o anuncio ata súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Quinto: os autos e a certificación do rexistro ás que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto na Secretaría do Xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes -se os houberó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que non houber licitadores na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda o día 25 de outubro de 2002, ás 10.30 horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencions da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houber licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira o día 25 de novembro de 2002 ás 10.30 horas. Esta poxa celebrarase sen suxeición a tipo, debendo consignar quen desexe tomar parte nela o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese celebra-la poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará ó seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

O presente edicto servirá de notificación ó/s debedor/es para o caso de non poder levarse a efecto no predio ou predios obxecto da poxa.

Bens que se sacan a poxa.

Número corenta e oito.-Vivenda letra L da terceira planta dun edificio construído na parcela R.8.5, do Polígono das Fontiñas, de Santiago de Compostela. Ten unha superficie útil de oitenta metros e trinta e seis decímetros cadrados. Limita: norte, corredor verde 10; sur, patio interior cuberto, oco de ventilación e vivenda letra K da mesma planta; leste, vivenda letra A da mesma planta, patio interior cuberto, corredor de acceso, oco de escaleira e oco de ventilación, e oeste, vía 6. Anexos: a planta de garaxe duns vinte metros cadrados e o rocho duns tres metros cadrados, sinalados co número corenta e oito, no soto.

Tipo de poxa.

Dez millóns catrocentas trinta e dúas mil seiscentas setenta e oito pesetas (62.701,66 euros).

Dado en Santiago de Compostela o vintetrés de maio de dous mil dous.

O/A secretario/a xudicial