Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta e con tramitación urxente, obras varias no CEIP Mar de Fóra-Fisterra e outra.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato:

2.1. a) Descrición do obxecto: obras varias no CEIP Mar de Fóra.

b) Lugar de execución: Fisterra.

c) Prazo de execución: catro meses.

d) Importe total: 141.351,42 euros.

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 2, 4, 6 e 7 categoría d.

f) Garantía provisional: exímese (artigo 35.1º do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

2.2. a) Descrición do obxecto: construcción de ximnasio no CPI Os Tilos.

b) Lugar de execución: Teo.

c) Prazo de execución: catro meses.

d) Importe total: 142.623,16 euros.

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 3, categoría d.

f) Garantía provisional: exímese (artigo 35.1º do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Obtención de documentación e información:

a)Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña (Unidade Técnica).

b) Domicilio: praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15071.

d) Tlfo: 981 18 47 45, 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

5. Presentación das ofertas:

a)Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se este cadra en sábado ou domingo, será o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

-Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

-Localidade: A Coruña 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

6. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cadra en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

7. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 5 de xullo de 2002.

Jaime García y García

Delegado provincial na Coruña