Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.837

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 24 de xuño de 2002 pola que se resolve a cesión de material para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga), para misións de protección civil.

Por Orde do 3 de maio de 2002 (DOG nº 92, do 14 de maio), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio ós concellos galegos, consistentes na cesión de material para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga), para misións de protección civil.

Os servicios provinciais de Protección Civil, unha vez analizadas as solicitudes e a súa documentación, emitiron o correspondente informe técnico, segundo se indica no artigo 5 da Orde do 3 de maio, que foi tido en conta pola comisión de avaliación para face-la proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 7 da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.231 A.623.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, a cesión en propiedade de material para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga), ós concellos da provincia da Coruña: Ares, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cariño, Carnota, Cedeira, Cee, Cor

cubión, Dumbría, Ferrol, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Miño, Muros, Muxía, Noia, Oleiros, Ortigueira, Outes, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Sada; da provincia de Lugo: O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo e Chantada; da provincia de Ourense: Coles, Muíños, Ourense, A Veiga, Avión, Xunqueira de Ambía, A Rúa, Viana do Bolo e O Carballiño; e da provincia de Pontevedra: Agolada, Bueu, Cangas, O Grove, A Illa de Arousa, Marín, Poio, Portas, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Valmiñor (Nigrán e Baiona), Vigo e Vilagarcía.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais