Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.788

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2002 pola que se lle dá publicidade ó baremo que rexerá a selección de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de transformación, conservación, tratamento e comercialización dos productos da pesca, o marisqueo e da acuicultura establecidas pola Orde do 17 de xullo de 2000.

A Orde do 17 de xullo de 2000, na que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento para a concesión de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización dos productos da pesca, do marisqueo e da acuicultura, establece no seu artigo 9, a relación de investimentos

prioritarios que terán preferencia para acceder ás devanditas axudas, así como no artigo 10, a relación de investimentos auxiliables.

A Orde do 27 de decembro de 2001, explicita o procedemento de concesión destas para o exercicio orzamentario de 2002.

O Plan sectorial de pesca 2000-2006 de Galicia e o Plan estratéxico de desenvolvemento económico de Galicia 2000-2006, dirixido ó complexo mar-industria establecen as bases do desenvolvemento do complexo mar-industria coa finalidade de achega-la converxencia real de Galicia con España.

A disposición derradeira primeira da mencionada orde faculta o director xeral de Estructuras e Mercados da Pesca para dicta-las resolucións necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta, polo que procede ordenar e cuantificar os investimentos prioritarios e auxiliables.

Visto o anterior, e polo que:

RESOLVO:

Facer públicos criterios de selección que rexerán na concesión das axudas solicitadas ó abeiro da Orde do 17 de xullo de 2000, segundo o baremo establecido no anexo á presente resolución que serán de aplicación as solicitudes que teñan presentado en tempo e forma toda a documentación esixida na orde reguladora e que amosen garantía financeira suficiente para acomete-lo investimento.

ANEXO

Os proxectos terán preferencia segundo os seguintes criterios, e na orde que se sinala:

Prioridade 1ª.-Tipo de investimento.

Terán preferencia as empresas de nova creación ou que implanten novos centros productivos:

Dentro desta prioridade e, para minimiza-los danos no medio natural, terán prioridade as que se instalen en polígonos industriais, xa existentes.

Prioridade 2ª.-Creación de emprego.

As solicitudes priorizaranse de menor a maior, segundo os postos de traballo creados, conforme co resultado obtido ó aplica-la seguinte fórmula:

A/B+(C x 0,25)

Onde:

A= inverstimento total.

B= postos de traballo indefinidos (fixos ou fixos descontinuos).

C= postos de traballo non indefinidos (eventuais e tódolos demais, incluídos os de a tempo parcial).

Prioridade 3ª.-Expedientes en curso.

Os solicitantes que teñan expedientes abertos ou anualidades pendentes de xustificación, ou xustificadas sen finaliza-las obras, accederan á selección unha vez priorizados o resto dos proxectos e seguindo os mesmos criterios antes expostos.

Prioridade 4ª.-Expedientes que nunca recibiron axudas ó amparo desta norma.

En caso de coincidencia de prioridade, terán preferencia aqueles solicitantes que nunca tiveran axudas con cargo ás partidas financiadas polo instrumento financeiro de orientación da pesca.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos