Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.789

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Real Aero Club de Vigo.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Real Aero Club de Vigo, con nº de código 3600022, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-6-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte social polo delegado de persoal, con data do 11-1-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de xuño de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para a empresa Real Aero Club de Vigo

Condicións xerais.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regulará, a partir da data da súa entrada en vigor, as relacións laborais entre a empresa Real Aero Club de Vigo e os seus productores.

Artigo 2º.-Vixencia.

Sen prexuízo da entrada en vigor por aprobación da autoridade laboral e publicación no BOP, os seus efectos económicos comezarán a rexer a partir do 1 de xaneiro de 2002.

Artigo 3º.-Duración e prórrogas.

A duración deste convenio será dun ano, contando a partir da data da súa entrada en vigor, ata o 31 de decembro de 2002. Este convenio entenderase denunciado para tódolos efectos desde o 1º de xaneiro de 2002, data na que as partes se comprometen a inicia-las negociacións dun novo convenio. Se no transcurso deste ano 2002 se asinase un convenio de ámbito provincial no sector de espectáculos e deportes, a partir desa data sería necesario unha nova negociación.

Condicións laborais.

Artigo 4º.-Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio desfrutará dun período anual de vacacións de trinta días naturais.

Artigo 5º.-Días non recuperables.

Os días non recuperables considéranse como horas extras, independentemente de que coincidan en descanso semanal, debendo seren aboadas nos meses que corresponda ó 175%. Terán esta mesma consideración os días 24 e 31 de decembro.

Artigo 6º.-Horario laboral.

O horario de traballo nas distintas seccións do club estenderase, con carácter xeral, desde as 7.30 da mañá ata as 12 da noite de luns a venres, e 1.30 horas da madrugada os sábados. Dentro destas horas desenvolverase a xornada legal de 40 horas semanais por traballador. Para tal efecto, e con referencia a cada unha das actividades que o club desenvolve, establécese o cadro horario específico para cada unha daquelas, que se xunta a este convenio.

Artigo 7º

Os traballadores que presten os seus servicios en domingo terán dereitos a desfrutar un domingo de cada tres.

Artigo 8º.-Uniformes.

A empresa dotará o persoal con uniforme completo, incluído calzado adecuado, cada ano. Ós traballadores que realicen o seu traballo no campo, a empresa proveraos con roupa de abrigo e de auga.

Artigo 9º.-Vestiario e aseo.

A empresa poñerá ó servicio do persoal vestiarios e aseos, dotados de armarios, duchas e demais accesorios propios deste servicios, nas instalacións de Peinador, así como no local da rúa Reconquista.

Artigo 10º.-Excedencias.

O persoal afectado por este convenio, que leve 2 anos ó servicio efectivo da empresa, terá dereito a solicitar excedencia voluntaria por un prazo non inferior a un mes, nin superior a 5 anos, estando obrigada a empresa ó reingreso do excedente que o solicite, alomenos cun mes de antelación da terminación do tempo de excedencia, e non poderá volver á situación de excedencia voluntaria ata transcorridos dous anos da terminación de excedencia.

Ben entendido que a obrigatoriedade por conta da empresa de reincorpora-lo excedente é inescusable, contratando para estes supostos unha persoa que substitúa o excedente cun contrato da mesma duración da excedencia.

Artigo 11º.-Licencias.

O persoal terá dereito a que se lle conceda permiso, con percepción dos salarios correspondentes, nos seguintes casos polo tempo que se expresa:

1. Catro días por falecemento do cónxuxe, pais, fillos e pais do cónxuxe.

2. Dous días por falecemento de irmáns, irmáns políticos, netos e avós.

3. Un día por voda de fillos ou irmáns.

4. Catro días por parto de esposa.

5. Vinte días por voda do interesado.

6. Dous días por enfermidade grave, internamento en centro hospitalario ou falecemento de parentes ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade. En desprazamentos fóra da provincia, dous días máis.

Artigo 12º.-Revisión médica.

A empresa efectuará ós seus traballadores unha revisión médica cada ano, sempre e cando esta veña solicitada a través do delegado de persoal.

Artigo 13º.-Comedores.

A empresa porá á disposición do persoal que teña que comer no centro de traballo un local adecuado.

Condicións económicas.

Artigo 14º.-Retribucións.

Na táboa salarial anexa sinálanse as retribucións correspondentes a cada categoría do persoal. As ditas retribucións serán consideradas como base de cálculo para tódolos efectos.

Artigo 15º.-Antigüidade.

Os aumentos periódicos por ano de servicio consistirán en trienios do 10% para o primeiro e do 6% para o segundo, ata un máximo do 60%. O tanto por cento calcúlase sobre o salario base, sempre dentro dos límites que marca a lei.

Artigo 16º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio recibirá anualmente tres pagas extraordinarias, polo importe dunha mensualidade, que serán efectivas nos días 31 de marzo, 17 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 17º.-Incapacidade temporal.

Nos casos de enfermidade ou accidente que produza internamento en centro asistencial, a empresa aboaralles ós traballadores afectados unha cantidade que, engadida ás prestacións que aboa a Seguridade Social, complete o 100% do seu salario real, por incapacidade temporal. Tamén se aboará o dito 100% nos casos de accidente laboral producido dentro do centro de traballo, a partir do 5º día da baixa.

Artigo 18º.-Nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade polos traballos realizados despois das 22 horas, con exclusión dos correspondentes ós serenos, nunha cantidade de 45,86/54,15 euros mensuais, facéndose constar en nómina dos traballadores afectados por aquela circunstancia. Este complemento incremen

tarase cada ano co tanto por cento acordado na táboa salarial.

Artigo 19º.-Mantenza.

A empresa aboará por este concepto 179,39 euros mensuais. Esta cantidade incrementarase anualmente na mesma porcentaxe en que se incrementa a táboa salarial.

Artigo 20º.-Bolsas.

A empresa establece para axuda dos estudios dos fillos dos productores 2 bolsas anuais por un importe de 210,35 euros cada unha. Para tal efecto, durante o mes de agosto de cada ano, os productores interesados presentarán documentación de méritos escolares do beneficiario para quen se solicita e, indefectiblemente, as notas obtidas no curso anterior. Para poder beneficiarse delas, as notas terán que alcanzar un nivel mínimo de aprobado.

Artigo 21º.-Premio de xubilación.

Chegada a idade de xubilación e no momento en que o traballador cese na empresa, percibirá un premio equivalente ó importe de dúas mensualidades do seu último salario en activo, no caso de que levase ó servicio efectivo dela máis de 5 anos e menos de 10. Este premio elevarase á cifra de tres mensualidades no suposto de que os anos ó servicio efectivo dela fosen de 10.

Se o traballador falecese antes da súa xubilación, cumprindo calquera dos dous prazos de servicio efectivo na empresa que sinala o parágrafo anterior, a indemnización será percibida polo seu cónxuxe ou, no seu defecto, polos fillos ou os ascendentes maiores de 70 anos. Nestes casos os importes de indemnización serán de tres mensualidades, se o servicio efectivo do traballador na empresa estivese comprendido entre os 5 e os 10 anos; de 6 mensualidades entre os 10 e os 15 anos; de 9 mensualidades entre os 15 e os 20 anos e de 12 mensualidades de 20 en diante.

Artigo 22º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte para o persoal de campo nunha contía de 35,87 euros, que se aboarán mensualmente nos doce meses do ano. Este concepto incrementarase anualmente na mesma porcentaxe en que se incremente a táboa salarial.

Artigo 23º.-Bolsa de Nadal.

Os traballadores percibirán da empresa a bolsa de Nadal en decembro.

Disposicións derradeiras

Artigo 24º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non previsto neste convenio haberá que aterse ó que dispón a Regulamentación de traballo para os locais de espectáculo e deportes e demais de xeral aplicación.

Artigo 25º

Con idéntico termo de vixencia do convenio, queda constituída unha comisión paritaria co cometido específico de coñecer e pronunciarse sobre cantas cuestións de interpretación sobre o estipulado nel lle sexan formalmente sometidas. A comisión estará composta por dous membros, dos cales cada unha das partes designará un. Os ditos membros desig

nados por cada parte deberán ter pertencido á comisión negociadora do convenio.

Os pronunciamentos da comisión non privarán do dereito ó uso das vías administrativas ou xurisdiccionais.

Artigo 26º

Este convenio está asinado polo delegado de persoal e polo secretario.

Polo delegado de persoal Pola empresa

Táboa salarial 2002

Incremento 3%*

* A diferencia co IPC real de 2002

ratearase en 2003

Instructor de voo829,88

Oficial de 3ª624,40

Persoal administrativo

Xerente800,46

Oficial 1ª administrativo686,31

Aux. administrativo600,57

Persoal campo

Xardineiro xefe639,50

Xardineiro600,57

Peón600,57

Persoal subalterno

Conserxe624,39

Sereno600,57

Persoal limpeza600,57

Máster caddy600,57

Persoal bar

Cociñeiro600,57

Camareiro600,57

Complemento transporte35,87

Polo delegado de persoal Pola empresa

Cadro horario

Sección camareiros Reconquista

Días laborables: das 16 ás 23 horas.

Sábados: das 16 ás 24 horas.

Os descansos son alternos.

Sección limpeza.

Local Reconquista: das 8 ás 12 horas e das 17 ás 20 horas.

Peinador: das 9 ás 12.30 horas e das 15 ás 18.30 horas.

Sección xardinería.

Inverno: meses de setembro a maio.

Das 8.30 ás 12.30 horas e das 14 ás 18 horas.

Con descanso de 20 minutos para o bocadillo.

Verán: meses de xuño a agosto.

Das 7 ás 15 horas.

Con descanso de 20 minutos para o bocadillo.

Sección oficina.

Inverno: meses de outubro a marzo.

Das 9 ás 15 horas para cubrir máster caddy e oficina

Das 9 ás 13.30-14.30 ás 18.30 horas para oficina.

Verán: meses de abril a setembro.

Das 9 ás 15 horas para cubrir máster caddy e oficina

Das 9 ás 13.30-14.30 ás 19.30 horas para oficina.

O horario de cubrir máster caddy realizarase en semanas alternas polo persoal de oficina.

Sereno.

Das 22 ás 7 horas.

Máster caddy.

Das 8 ás 22 horas.

Persoal bar Peinador.

Inverno: das 10 ás 21 horas.

Verán: das 10 ás 22 horas.

Polo delegado de persoal Pola empresa