Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.739

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (859/2000-D).

Eu, Domingo Villafáñez García, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, fago saber que nos autos de xuízo verbal que baixo o número 859/2000-D se seguen neste xulgado, recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na Coruña o 12 de xullo de 2001. Vistos por María del Carmen Gámiz Valencia, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados baixo o número 857/2000 dos deste xulgado, tramitados por instancia de Autopistas del Atlántico Concesionaria Española, S.A., con domicilio social nesta cidade, r/ Alfredo Vicenti, nº 15 baixo, baixo a representación do procurador Rodrigo de Santiago Zarco, coa dirección da avogada Loreto Gómez Portales, contra Carlos Carballada Mata, maior de idade, veciño da Coruña, con domicilio na r/ Damas, nº 2, 1º, declarado en rebeldía; De la Cruz Chao, S.L., con domicilio social en Ferrol, r/ Sartaña, nº 42-44, 2º esqda., en situación procesual de rebeldía, e contra Allianz, Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A., con domicilio social en Madrid, Paseo da Castellana, nº 39, baixo a representación do procurador Rafael Pérez Lizarriturri, versando a litis sobre acción de responsabilidade

extracontractual por culpa.

Decido que, estimando a demanda intereposta por Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, .A., representada polo procurador dos tribunais Rodrigo de Santiago Zarco, contra Carlos Carballada Mata e De la Cruz Chao, S.L., ambos demandados en situación procesual de rebeldía, e contra Allianz, Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A., debo condenar e condeno os demandados a lle pagaren conxunta e solidariamente á actora a cantidade de trescentras vintecinco mil cinconcentas vintecinco mil cincocentas vintetrés pesetas (325.523 pesetas) de principal, a cal devengará con cargo exclusivamente á entidade aseguradora o xuro previsto no artigo 20 da Lei de contrato de seguro, desde a data do accidente o 21 de novembro de 1999.

Todo isto con expresa imposiciíon de custas causada ós demandados.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, con indicación de que contra ela pode interpoñerse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, en termo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ó da súa notificación, que se deberá preparar perante este xulgado por medio de escrito que se limitará a cita-la resolución apelada e a manifesta-la vontade de recorrer con

expresión dos pronunciamentos que impuga, na forma prevista no artigo 457 da Lei de axuizamento civil.

Así por esta miña sentencia, que se arquivará no libro de sentencias deste xulgado, e da que se levará testemuño ós autos, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. María del Carmen Gámiz Valencia. Asinado e rubricado».

E para a súa publicación nese diario oficial e para que sirva de notificación ó demandado De la Cruz Chao, S.L., en situación procesual de rebeldía e do que se descoñece o seu actual paradoiro, expido este edicto na Coruña o 30 de maio de 2002.

Domingo Villafáñez García

Secretario xudicial