Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.740

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (964/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 964/2001, por instancia de Pedro Souto Roel contra Empresa Tero Lago, S.L. e Fogasa sobre cantidade, dictouse a seguinte sentencia na cidade da Coruña, o 7 de xuño de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 964/2001, seguidos por instancia de Pedro Souto Roel, maior de idade, asistido por Purificación Mariño Casal, contra a empresa Tero Lago, S.L., que non compareceu nos autos, con intervención de Fogasa, representado e asistido polo letrado Javier Morado Díaz, sendo o obxecto da reclamación, cantidade.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Pedro Souto Roel contra a empresa Tero Lago, S.L., intervindo Fogasa, debo condenar e condeno a empresa demandada a que abone ó actor a cantidade de 3.180,09 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra a referida sentencia só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo da consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número

de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a empresa Tero Lago, S.L., mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino a presente cédula na Coruña o 7 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado