Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.739

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2002 pola que se declara concluído o proceso selectivo para o ingreso por promoción interna na escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Vigo convocado por Resolución do 23 de xullo de 2001.

Mediante Resolución do 23 de xullo de 2001 da Universidade de Vigo (DOG do 30 de agosto), convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas polo sistema de promoción interna na escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade.

Realizado o primeiro exercicio da fase oposición sen que ningún dos aspirantes fose declarado apto, de conformidade coas bases da convocatoria, este rectorado

RESOLVEU:

Declarar concluído o proceso selectivo para o ingreso por promoción interna na escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Vigo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Así e todo, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 24 de xuño de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo