Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.676

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (102/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 102/2002 por instancia de Juan Manuel Luis Alemany contra a empresa Centro de Formación Manuel Vázquez Vázquez sobre rescisión de contrato, nos que recaeu sentencia con data do 8-5-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Dictamino que estimando a demanda promovida por Juan Manuel Luis Alemany contra a empresa Centro de Formación Manuel Vázquez Vázquez debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía os litigantes ó día de hoxe condenando á demandada a estar e pasar pola anterior declaración e ó aboamento da cantidade de 2.013,52 euros en concepto de indemnización.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramente mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade

solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta clave 65, entregándose o xustificante na Secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación os autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Centro de Formación Manuel Vázquez Vázquez expido e asino a presente na Coruña, 30 de maio de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado