Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.675

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (72/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 72/2002 por instancia de José Ramón Rodríguez Perdiz contra a compañía Telefónica de España, S.A., o Fondo de Garantía Salarial, a empresa Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L. e Eduardo Dacasa Blanco sobre despedimento, nos que recaeu sentencia que copiada nos particulares necesarios di así:

Hai lugar á aclaración solicitada, e en consecuencia o dictame desta quedará do teor literal seguinte: Dictame:

«Que estimando a demanda promovida por José Ramón Rodríguez Perdiz contra a empresa Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L. e Telefónica de España, S.A., o Fondo de Garantía Salarial e Eduardo Dacasa Blanco debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante na data do 27-12-2001 condenando á demandada a empresa Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L. a o aboamento ó demandante da cantidade de 1.141,32 euros en concepto de indemnización e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución que ascende á suma de 1.161,2 euros. Absolvendo á codemandada Telefónica de España, S.A. de tódolos pedimentos contidos naquela.

E absolvendo o Fondo de Garantía Salarial sen prexuízo da responsabilidade que no seu día poidera derivar.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto

da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na Secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación os autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L. e Eduardo Dacasa Blanco expido e asino a presente na Coruña, 30 de maio de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado