Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.675

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (42/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 42/2002 por instancia de Juan Carlos Venancio Pérez e Begoña Paz Ruido contra Construcciones Protuin, S.L., Alexlumi, S.L. e Viajes Alexlumi, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 21-5-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Juan Carlos Venancio Pérez e Begoña Paz Ruido, condeno ás empresas Construcciones Protuin, S.L., Alexlumi, S.L. e Viajes Alexlumi, S.L., a que de forma solidaria lles aboen as cantidades de 1.796,32 euros a Juan Carlos Venancio Pérez e 1.676,90 euros a Begoña Paz Ruido.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva

de notificación en forma á empresa Construcciones Protuin, S.L., Alexlumi, S.L. e Viajes Alexlumi, S.L. expido e asino a presente na Coruña, 3 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado