Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.676

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (827/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 827/2001, por instancia de Emérito Mecías Beis contra Platas Sánchez y Martínez, S.L. sobre salarios nos que recaeu sentencia con data do 31-5-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

Fallo que estimando a demanda promovida por Emérito Mecías Beis contra a empresa Platas Sánchez y Martínez, S.L. debo condenar e condeno á demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.002,20 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clae 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría o tempo de interpoñe-lo

recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xul

gando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a empresa Platas Sánchez y Martínez, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o 31 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado