Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.677

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (891/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 891/2001 por instancia de Alfonso González e outro contra Mafcar Galicia, S.L. sobre salarios nos que recaeu sentencia con data do 31-5-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Dictamino que estimando a demanda promovida por Alfonso González Ferrero e Luis Hernando Salvi Merino contra a empresa Mafcar Galicia, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que lles aboe ós demandantes, por tódolos conceptos reclamados en demanda, as cantidades seguintes: ó señor González Ferrero, 3.504,11 euros (583.035 pesetas) e ó señor Salvi Merino, 3.791,21 euros (630.805 pesetas).

Así por esta a miña sentencia contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-

lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Mafcar Galicia, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, o 31 de maio de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado