Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.532

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2002 pola que se modifica a do 28 de decembro de 2001 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán ás axudas e subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller.

A Resolución do 28 de decembro de 2001 (DOG nº 5, do 8 de xaneiro de 2002), do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, que regula as axudas e subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller, na súa exposición de motivos establece que as axudas se financiarán con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.50.212A.460.0, 14.50.212A.480.0 e 14.50.212A.483.0 recollidas no orzamento da Comunidade Autónoma que se prorrogue para o ano 2002 e cos fondos reflectidos no marco comunitario de apoio da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo. O importe global destinado a elas ascende a 2.073.491,49 A.

Coa data 29 de abril de 2002 foi aprobada polo Parlamento galego a Lei 2/2002, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, consignándose na aplicación referida un crédito de 2.654.548 euros, destinados ás ditas axudas, polo que se considera axeitado modifica-la resolución de axudas a actividades no que respecta á contía establecida para o financiamento, que resulta incrementada ata a cantidade sinalada na Lei de orzamentos do exercicio 2002.

De acordo con todo o anterior e no exercicio das facultades que teño atribuídas

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifica-lo parágrafo sétimo da exposición de motivos da Resolución do 28 de decembro de 2001 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán ás axudas e subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas

á promoción da muller, quedando a nova redacción da forma seguinte:

«Estas axudas financiaranse con cargo ás partidas orzamentarias 14.50.212A.460.0, (dentro da que se atopan os centros de información á muller que son cofinanciados cos fondos reflectidos no marco comunitario de apoio da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo), 14.50.212A.480.0 e 14.50.212A.483.0 recollidas no orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 e o importe global destinado a elas ascenderá a 2.654.548 A».

Disposición derradeira

Única.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2002.

Aurora Montes Santa-Olalla

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción

da Igualdade do Home e da Muller

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA