Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.531

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Maviva, S.A.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Maviva, S.A., con nº de código 3603262, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-5-2002, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 6-3-2002. De conformidade co disposto no artigo 15 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 31 de maio de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Representación empresarial:

Antonio Hernández González.

Carmen Lema Díaz.

Comité de empresa:

José Carbajo Rodríguez.

J. Carlos Rodríguez Glez.

José Luis Prada Franco.

Miguel Domínguez Rguez.

Fernando Dacosta Rocha.

Acta 6.

En Vigo o 6 de marzo de 2002, reúnense na sala de reunións da empresa, dunha parte, a representación empresarial de Maviva, S.A. e doutra o comité de empresa para trata-los seguintes temas:

Antes de comezar a debate-los distintos temas, a parte empresarial informa ó comité que xa está pedido a armario para o vestiario de mulleres.

O comité de empresa quere que se faga consta-lo tema da altura de contedores para que se prevexan normas ó respecto.

1. O comité de empresa comeza dicindo que quería facer consultas sobre o horario de entrada das quendas do persoal de almacén.

2. A parte empresarial fai entrega ó comité do censo laboral solicitado na anterior acta.

3. O comité de empresa recorda á parte empresarial a necesidade que teñen de que se lles reporte o mobiliario de oficina destinada para o comité.

4. Vacacións. En canto ó tema das vacacións, a empresa cínguese ó contido do artigo 10 do convenio de empresa.

5. En canto ó tema do exceso de xornada, a parte empresarial proponlle ó comité de empresa a posibilidade de que se pague a prezo de hora ordinaria, naqueles supostos en que o persoal non queira desfrutar do dito exceso e prefira cobralo. Tamén propón a posibilidade de que, se son varios os días de exceso de xornada anual, se poidan desfrutar duns días e cobrar outros días; así como a posibilidade de que se desfruten de forma continuada.

O comité de empresa di que hai traballadores que non están conformes co cómputo do exceso de xornada anual do ano 2001 que se lles asignou por parte da empresa.

Por outra parte, o comité de empresa propón que sexa o persoal o que elixa, libremente e de forma unilateral, o desfrute do exceso de xornada anual que lle corresponda a este ano e que se desfrute dentro do ano en vigor.

A parte empresarial non está de acordo coa formulación que fai o comité. Estudiarao.

6. A parte empresarial comunícalle ó comité que o día 10 de maio de 2002 será día non laborable para Maviva.

O comité de empresa móstrase desconforme e considera que a empresa non pode establecer, de forma unilateral, os días non laborables para o persoal e, polo tanto, os días de exceso de xornada laboral para o persoal.

O comité de empresa solicita:

* Que se publique o calendario laboral do ano 2002 de Maviva.

* Que se actualice a táboa salarial do ano 2002 no convenio, asinada e selada.

* Que se vexa a posibilidade de facer tarxeta de crédito unificada á tarxeta de presencia.

* Que se instale unha fonte no almacén.

* Quere que se mencione a petición dun taboleiro de anuncios.

En canto ó taboleiro de anuncios, a parte empresarial lémbralle ó comité que xa ten un taboleiro de anuncios na área de descanso do almacén, pero non ten inconveniente en achegarlles un taboleiro de anuncio acristalado e con pechadura, o cal xa está solicitado por parte da empresa.

Así mesmo, o comité pídelle á parte empresarial que volva a publicar un escrito, lembrándolle ó persoal o horario de atención personalizada que xa existe, por parte do departamento de RR.HH. posto que algún traballador considera insuficiente o dito horario.

A parte empresarial non ten ningún inconveniente, aínda que lle lembra ó comité que dous días á semana, martes e xoves pola tarde de 16.30 a 19 horas teóricas deberían ser suficientes para que o persoal poida face-las consultas, de tipo laboral, que se lles formulen. E o persoal que o considera insuficiente é debido a que non lle gusta esperar para ser atendido.

Sen máis, remátase a reunión ás 19 horas, na sala de reunións da empresa e convócase unha próxima reunión para o xoves, día 21 de marzo de 2002 ás 16.30 horas.

En proba de conformidade, asínano en lugar e data arriba indicados.

ANEXO II

Táboa salarial do ano 2002

A) Salario base.

Categoría

Salario

base

mensual

(pesetas)

Euros

mensual

Salario

anual

(14 pagas)

pesetas

Euros

anual

Operario de primeiro ano84.240506,291.179.3607.088,10

Operario de segundo ano89.440537,551.252.1607.525,63

Axudante de operario94.640568,801.324.9607.963,17

Operario106.080637,551.485.1208.925,75

Operario de primeira117.520706,311.645.2809.888.33

Coordinador de almacén127.920768,821.790.88010.763,41

Operador loxístico de primeiro ano89.440537,551.252.1607.525,63

Operador loxístico106.080637,551.485.1208.925,75

Auxiliar administrativo de primeiro ano89.440537,551.252.1607.525,63

Auxiliar administrativo94.640568,801.324.9607.963,17

Oficial administrativo126.880762,561.776.32010.675,90

Diplomado131.040787,571.834.56011.025,93

Licenciado141.440850,071.980.16011.901,00

B) Complemento de transporte.

Complemento de transporte (percíbeno tódolos traballadores)11.544 ptas./mes

(12 pagas)

69,38 euros

(mensual)

832,57 euros

(anual)

C) Complemento de responsabilidade.

Complemento de responsabilidade

Importe (percibiranse en canto se realicen as ditas funcións)

Euros mensual

Complemento responsable de quenda30.000 ptas./mensuais180,30

Complemento subresponsable de quenda15.000 ptas./mensuais 90,15

D) Horas extraordinarias.

Horas extrasImporteEuros

Hora extraordinaria normal1.000 ptas./hora 6,01

Hora e. sábado mañá1.188 ptas./hora 7,14

Hora e. sábado tarde1.750 ptas./hora10,52

Hora e. festivo día1.750 ptas./hora10,52

E) Traballos nocturnos.

Aqueles traballadores que por razóns coxunturais teñan que realizar traballos en horario nocturno por encima da súa xornada habitual, percibirán un complemento de dispoñibilidade horaria de 2.025 pesetas/horas.

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME

E DA MULLER