Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.523

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Técnicas Medioambientales, Tecmed, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Técnicas Medioambientales, Tecmed, S.A., con nº de código 3603591 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-5-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 15-5-2002. De conformidade co diposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexis

tro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDO:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que conta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de maio de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

Convenio colectivo Tecmed, S.A. 2002

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regulará as relacións laborais entre a empresa Técnicas Medioambientais Tecmed, S.A. e os seus traballadores, no centro de traballo de recollida selectiva de Vigo, rexéndose no non contemplado neste convenio polo disposto no convenio xeral do sector da limpeza pública, viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos e limpeza e conservación de rede de sumidoiros, así como ó resto de normativa vixente en cada momento.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2002, con independencia da data da súa publicación no Boletín Oficial, e man terá súa vixencia ata o día 31 de decembro de 2002.

Artigo 3º.-Denuncia

Este convenio denunciarase automaticamente ó finaliza-la súa vixencia, sen necesidade de aviso previo ningún, non obstante, mentres as partes non asinen outro convenio que o substitúa, manterase vixente en tódolos seus termos.

Artigo 4º.-Subrogación.

De conformidade co establecido no artigo 1º do presente convenio colectivo, ó termo da concesión da contrata que, de acordo co prego de condicións subscrito co Concello de Vigo ten adxudicada Tecmec, tódolos traballadores desta pasarán á nova ou novas contratas con tódolos dereitos e obrigacións.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As retribucións establecidas neste convenio compensarán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza ou a orixe destas.

Os aumentos de retribucións legais de xeral aplicación, convenios colectivos, contratos individuais, etc. só poderán afectar ás condicións pactadas no presente convenio cando, consideradas as novas retribucións en cómputo anual, superen as aquí pactadas. En caso contrario serán compensadas e absorbidas por estas últimas, manténdose o presente convenio nos seus propios termos, na forma e condicións que quedan pactadas.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse todas aquelas situacións ou condicións laborais que tivese recoñecidas o traballador e que sexan máis beneficiosas que as pactadas neste convenio.

Artigo 7º.-Comisión mixta paritaria.

No prazo máximo de 10 días a partir da sinatura do contrato coa empresa adxudicataria da recollida selectiva de Vigo, constituirase unha comisión mixta de interpretación e vixilancia do presente convenio.

Estará formada por representantes da parte económica e da parte social, membros do comité de empresa, en igual proporción. Ambas partes poderán contar con asesores.

Reuniranse por instancia de parte, cantas veces sexa necesario, debendo reunirse dentro das 48 horas seguintes á convocatoria.

As súas funcións serán as seguintes.

1. Interpretación de todas e cada unha das cláusulas deste convenio.

2. Vixilancia e cumprimento do pactado.

3. Todas aquelas actividades que tendan á eficacia práctica do convenio e a unha maior solución interna dos posibles conflictos.

4. As reunións da comisión mixta non descontarán do crédito de horas sindicais, calquera que fora a parte que convoque a reunión.

Artigo 8º.-Interpretación e aplicación do convenio.

Ambas partes conveñen que calquera dúbida ou diverxencia que poida xurdir, sobre a interpretación e aplicación deste convenio, sexa sometida, antes de establecer reclamación ante os órganos competentes, a informe da comisión mixta paritaria

A comisión mixta paritaria deberá emiti-lo seu informe nun prazo máximo de 48 horas a partir do día seguinte en que fora solicitado.

As funcións e actividades da comisión mixta paritaria non obstruirán, en ningún caso, o libre acceso á xurisdicción administrativa e contenciosa prevista na lei .

As partes adhírense por vontade expresa ó acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo.

Artigo 9º.-Festividade patronal.

A celebración da festividade de San Martiño de Porres, 3 de novembro, terá carácter de festivo aboable e non recuperable para tódolos efectos. En caso de coincidir inmediatamente anterior ou posterior, con domingo ou festivo, trasladarase ó día seguinte laboral, respectando sempre os servicios mínimos.

Capítulo II

Condicións económicas

Artigo 10º

Fíxanse como tales as que figuran no anexo I deste convenio, tendo efectos desde o 1 xaneiro de 2001.

Artigo 11º.-Complemento mantemento de maquinarias e equipos.

Será percibido polos traballadores que realicen o traballo de recollida selectiva co obxecto da realización de labores de mantemento de acordo coas indicacións da empresa.

Os importes deste complemento serán os que figuran nas táboas salariais anexas. Este complemento devengarase con carácter mensual.

Artigo 12º.-Complemento tóxico e penoso.

Será percibido na contía e para cada categoría e posto que establece a táboa salarial anexa. Este complemento devengarase por día efectivamente traballado.

Artigo 13º.-Complemento de nocturnidade.

Este complemento será do 25% do salario base, por día efectivo de traballo segundo as táboas salariais anexas para todos aqueles traballadores que presten os seus servicios entre as vinteúnha horas e as seis da mañá, salvo que o salario se establecera atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza.

Considerarase que se devenga este complemento cando se traballe polo menos a metade da xornada no dito horario.

Artigo 14º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte de carácter extrasalarial por día efectivo de traballo e polo importe establecido nas táboas salariais anexas.

Artigo 15º.-Complemento de quendas.

Será percibido polos traballadores de recollida selectiva que traballen con horario de seis días á semana. O prezo deste complemento será o establecido na táboas salariais anexas e devengarase por día efectivamente traballado.

A empresa, motivada por razóns técnicas, organizativas ou productivas, poderá establecer quendas de traballo de carácter rotativo ou non.

Artigo 16º.-Complemento festivo.

Establécese un complemento festivo por traballar nas festas (non domingo) establecidas legalmente incluíndo o pagamento deste complemento ó persoal do servicio de recollida que teña que traballa-lo día 3 de novembro, festividade de San Martiño de Porres. Este complemento na contía que establece a táboa salarial anexa II e de acordo coa categoría profesional do traballador.

Artigo 17º.-Complemento de productividade.

Percibirano en igual contía os conductores e peóns que realicen o traballo de recollida selectiva en razón dunha maior cantidade e calidade no traballo. Os importes deste complemento serán os especificados na táboa salarial anexa II.

Artigo 18º.-Pagas extraordinarias.

Os traballadores percibirán tres pagas extraordinarias ó ano, que se denominan marzo, verán e Nadal , nas contías respectivas que se establecen en anexo II. Aboaranse respectivamente, nos meses de marzo, xullo e decembro, a razón de 30 días de salario base para as pagas de verán e Nadal e e 15 días para a gratificación de marzo. O devengo da de marzo será anual e as dos restantes semestrais. Os encargados e persoal administrativo tanto oficial como auxiliar percibirán unicamente dúas pagas extraordinarias que se denominarán verán e Nadal e aboaranse en xullo e decembro, a razón de salario base mensual.

Capítulo III

Condicións de traballo

Artigo 19º.-Xornada e horarios.

A xornada virá determinada segundo os calendarios de traballo que para o efecto se establezan cada ano, cun mes de antelación á finalización deste, contando coas 14 festas, o 3 de novembro festa do patrón e 30 días de vacacións.

Artigo 20º.-Vacacións.

Serán de 30 días naturais para desfrutar segundo uso e costume. A súa retribución será a suma do salario base máis o complemento tóxico e penoso. Os traballadores de recollida selectiva percibirán ademais do anteriormente exposto, o complemento de mantemento e o de productividade no pagamento desta.

Artigo 21º.-Permisos e licencias.

O persoal afecto polo presente convenio terá dereito ós seguintes permisos e licencias.

-Permisos: a empresa poderá concederlle ó persoal que o solicite e por causas xustificadas, ata 15 días de permiso ó ano, sen soldo e sempre que as necesidades do servicio o permitan. Os permisos deberán ser solicitados cunha antelación de 15 días, salvo casos de urxente necesidade.

-Licencias: o persoal terá dereito, sempre que se cumpran os requisitos esixidos pola lei, ós días de licencia retribuída na forma e condicións que a continuación se indican, ademais como norma xeral tódalas licencias comezarán en día laborable, así mesmo, cando coincida que durante a licencia un dos días sexa de descanso por traballar un festivo este día recuperarase despois.

1. Por matrimonio do traballador: 18 días naturais.

2. Matrimonio de fillos: 2 días se é na provincia e tres se é fóra dela.

3. Por nacemento de fillos ou adopción: 3 días.

4. Falecemento, accidente, enfermidade grave ou hospitalización de cónxuxe, pais o fillos: 4 días.

5. Falecemento, accidente, enfermidade grave ou hospitalización de avós, irmáns ou netos : 3 días.

6. Falecemento de tíos ou sobriños: 1 día.

7. Por traslado de domicilio habitual: 2 días.

8. Por renovación de carné de conducir das clases C, D e E de todo o persoal que o requira para a realización do seu traballo na empresa, polo tempo

que lle sexa necesario para efectuar recoñecementos psicotécnicos o exames.

9. A empresa logo de petición dos traballadores que realicen estudios para a obtención dun título profesional e posterior xustificación, concederá as oportunas licencias para asistir a exames.

10. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

11. Todo traballador que, unha vez iniciada a súa xornada de traballo e que no transcurso desta se sentira enfermo, ou recibira notificación de accidente ou enfermidade grave dalgún familiar ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade e tivera que abandona-lo seu posto de traballo, con posterior xustificación médica, percibirá o importe total da dita xornada . Nestes casos a licencia empezará a contar a partir do día seguinte.

12. Se por motivos de hospitalización de familiares, debida a enfermidade grave ou por necesidade de operación, se estableceran quendas de estancia no hospital co fin de atende-lo enfermo, o traballador podería comeza-la súa licencia en data posterior ó feito causante.

13. A referencia que nos puntos anteriores se fai ó cónxuxe, entenderase feita, así mesmo, ó compañeira/o que de forma estable e en situación de feito asimilable o matrimonio, convivan co traballador/a, logo de certificación de convivencia que acredite a dita situación.

Artigo 22º.-Póliza de accidentes.

A empresa subscribirá unha póliza de accidentes que garanta as seguintes indemnizacións.

1. En caso de falecemento por accidente laboral ou enfermidade profesional: 19.250 A.

2. En caso de incapacidade permanente total para a profesión habitual, derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional: 18.050 A.

3. En caso de incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional: 21.000 A.

Artigo 23º.-Complemento invalidez temporal (IT).

1. En caso de incapacidade temporal por accidente laboral ou enfermidade común que requira hospitalización calquera que sexa duración desta, a empresa completará as prestacións económicas obrigatorias ata o importe íntegro das súas retribucións, desde o primeiro día de baixa ata o límite máximo de dezaoito mensualidades.

Artigo 24º.-Roupa de traballo.

1. Conductores:

* Roupa de inverno:

2 Pantalóns.

2 camisas.

1 par de calzado.

1 anorak.

1 roupa de augas.

1 cazadora.

1 gorra.

2 medias ou un xersei.

2 pares de calcetíns.

* Roupa de verán:

2 pantalóns.

2 camisas.

1 par de calzado.

1 cazadora.

2 pares de calcetíns.

2. Peóns:

* Roupa de inverno:

2 pantalóns.

2 camisas.

1 par de calzado.

1 par de botas de auga.

1 par de guantes.

1 anorak.

1 roupa de augas.

1 gorra.

2 medias ou un xersei.

2 pares de calcetíns.

1 cazadora.

* Roupa de verán:

2 pantalóns.

2 camisas.

1 par de calzado

1 cazadora.

2 pares de calcetíns.

3. Mecánicos.

* Roupa de inverno:

2 camisas.

3 pantalóns.

3 cazadoras.

1 par de calzado.

1 anorak.

1 gorra.

2 medias ou un xersei.

2 pares de calcetíns.

1 roupa de augas.

* Roupa de verán:

2 camisas.

3 pantalóns.

3 cazadoras.

1 par de calzado

2 pares de calcetíns.

4. Entregarase, ademais un chaleco de alta visibilidade, e ó persoal que voluntariamente o solicite, unha faixa lumbar.

5. A roupa de verán entregarase do 1 ó 15 de maio. A roupa de inverno entregarase do 1 ó 30 de setembro.

6. Cando realizando o traballo a roupa se rompa, ou quede inservible, a empresa cambiaraa por outra nova, logo de entrega da roupa deteriorada.

7. Cando o comité de seguridade e hixiene, elixa a roupa, entregaráselle unha mostra desta.

Artigo 25º.-Retirada do permiso de conducir.

1. No suposto de que un traballador coa categoría de conductor, realizando o seu cometido cun vehículo da empresa e cumprindo a función que lle fora encomendada, lle fora retirado provisionalmente o permiso de conducir, a empresa acoplará o outro posto de traballo adecuado ás súas facultades e respectándose a retribución de conductor, por un perío

do máximo de dous anos. Ó termo da suspensión do permiso de conducir será reintegrado á súa antiga categoría e posto de traballo. O resto das categorías que desempeñen os labores de conductor rexeranse por este artigo.

2. Estes beneficios non terán lugar cando a causa da retirada do permiso de conducir sexa debido a imprudencia temeraria, embriaguez ou drogadicción, ou cando exista a reincidencia.

Capítulo IV

Seguridade e hixiene

Artigo 26º.-Seguridade e hixiene.

1. Dada a importancia que recoñecen os asinantes á prevención de accidentes, inclúese este capítulo dedicado á hixiene e seguridade no traballo. Y considerando de obrigada aplicación, ambas partes, a lexislación sobre a seguridade e hixiene, para tal efecto, organizarase un comité de seguridade e saúde, con obxecto de velar polo cumprimento das medidas legais e regulamentarias, así como para posta en práctica do estipulado na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 27º.-Medidas de seguridade e hixiene.

1. A dirección da empresa adoptará as medidas de seguridade e hixiene pertinentes, como consecuencia do control do lugar de traballo e das instalacións e instrumentos que pon á disposición dos traballadores. As medidas de protección afectarán igualmente ós traballadores, obrigándose a traballar con seguridade e a coidar que os locais e instrumentos de traballo se encontren en perfectas condicións, debendo poñer en coñecemento ó comité de seguridade e saúde, ou no seu defecto ó comité de empresa, tódalas anomalías que se detecten para que este adopte as medidas oportunas.

Artigo 28º.-Comité de seguridade e saúde.

1. O comité de seguridade e saúde terá unha composición de carácter paritario. A representación da parte social estará composta por un delegado de prevención.

Artigo 29º.-Funcións do comité de seguridade e saúde.

1. As funcións do comité de seguridade e saúde serán as seguintes:

a) Promove-la observancia das disposicións vixentes para a prevención de riscos profesionais.

b) Fomenta-la colaboración de todo o persoal na práctica e observancia das medidas preventivas, estimula-la ensinanza, propaganda da seguridade e hixiene no traballo, fundamentalmente entre os representantes dos traballadores, tanto do comité de representantes como entre os propios membros do comité de seguridade e saúde.

2. A empresa facilitará os medios de propaganda necesarios, co fin de que todo o persoal estea ó día sobre as recomendacións, obrigacións e prácticas en materia de seguridade e hixiene.

Artigo 30º.-Recoñecemento médico e vacinación.

1. Anualmente farase a tódolos traballadores un recoñecemento médico de carácter voluntario.

2. O recoñecemento médico consistirá como mínimo en:

a) Audiometría.

b) Control da vista.

c) Análise de sangue.

d) Análise de ouriños.

e) Espirometría.

f) Exploración clínica.

3. Os resultados do recoñecemento médico entregaranse ó traballador.

4. A campaña de vacinación consistirá como mínimo no seguinte:

a) Vacina contra tétanos.

b) Vacina contra hepatite B con análise de sangue previa.

Artigo 31º.-Cota sindical.

A empresa descontará da nómina dos traballadores que así o soliciten previamente por escrito, o importe correspondente á cota sindical.

Capítulo V

Melloras sociais

Artigo 32º.-Horas sindicais.

1. O crédito de horas retribuídas correspondentes ós membros dos comités, delegados de persoal e delegados sindicais serán acumulables, logo de notificación á empresa por parte das organizacións sindicais en representación dos cales actúen sindicalmente.

2. A xestión de tal bolsa de horas corresponderá ás organizacións sindicais, logo de cesión asinada polos titulares individuais de tales dereitos.

3. Logo de notificación á empresa, poderanse acumula-las horas sindicais nalgún membro do comité de empresa, delegados sindicais. A comisión mixta paritaria establecerá e regulará os métodos para establecer cómputos de horas sindicais para efectos da súa utilización.

Artigo 33º.-Excedencias.

1. O traballador con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano, terá dereito a que se lle recoñeza unha excedencia voluntaria dun a cinco anos.

2. Se a excedencia fora solicitada por un prazo inferior a cinco anos, o traballador poderá, logo de comunicación á empresa, prorroga-la dita situación anualmente, ata alcanza-los cinco anos. O traballador avisará á empresa con dous meses de antelación á data prevista para a súa reincorporación, o prórroga da excedencia, ó posto de traballo.

3. Este dereito só poderá volver a ser exercido polo mesmo traballador unha vez transcorridos catro anos desde a finalización da anterior excedencia.

4. En todo o non previsto neste artigo haberá que aterse ó establecido con carácter xeral no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre a materia.

Artigo 34º.-Información de absentismo.

1. O comité de seguridade e saúde será informado trimestralmente, sobre absentismo, baixas por acci

dente, baixas por enfermidade e faltas inxustificadas, do persoal afectado por este convenio.

Artigo 35º.-Axuda familiar.

1. Os traballadores afectados por este convenio, que teñan ó seu cargo a unha persoa diminuída psíquica o física, de acordo coas estipulacións requiridas pola Seguridade Social, e logo de xustificación, percibirán un complemento extrasalarial de 44,12 euros.

Artigo 36º.-Control de ascensos, promoción interna.

1. A comisión mixta paritaria modificará o regulamento actual que regula este tema, para adaptalo á cobertura dos postos de conductor.

2. En caso de ausencia de regulación, haberá que aterse ó disposto no convenio colectivo do sector.

Artigo 37º.-Altas e baixas na empresa.

1. Facilitaráselle ó comité de empresa os modelos de contrato de traballo que se utilizan na empresa.

2. Ó traballador entregaráselle copia do seu contrato de traballo no prazo máximo dun mes a partir da sinatura deste.

3. Cando existan altas de novos traballadores fixos ou eventuais, a empresa comprométese a comunicarllo ó comité, indicando apelidos, nome e categoría do novo traballador, así como o tipo de contrato efectuado. Igualmente se procederá en caso de baixas.

4. O traballador que desexe cesar na empresa deberá comunicalo cunha antelación de 15 días. Este prazo será de 15 días para o persoal administrativo, e dun mes para o persoal titulado.

Artigo 38º.-Período de proba.

Establécese un período de proba de 15 días como máximo para tódolos contratos en tódalas categorías.

Artigo 39º.-Faltas e sancións.

1. Tódalas faltas e sancións comunicaranse simultaneamente ó traballador e ó comité de empresa.

Artigo 40º.-Dereito de información.

1. A empresa facilitaralle ó comité a información establecida con carácter xeral no artigo 64.1º do Estatuto de traballadores, referida á cidade de Vigo.

Artigo 41º.-Xubilación.

1. Establécese un premio de xubilación anticipada segundo o seguinte baremo e con independencia dos anos de servicio.

a) Xubilación ós 60 anos: 170 días.

b) Xubilación ós 61 anos: 140 días.

c) Xubilación ós 62 anos: 110 días.

d) Xubilación ós 63 anos: 80 días.

e) Xubilación ós 64 anos: 50 días.

As ditas cantidades non terán o carácter de pensión.

Artigo 42º.-Créditos persoais.

1. Crearase un fondo de 6.000 A regulándose pola comisión mixta paritaria a forma de distribución e reintegro. O prazo máximo de devolución será de 12 meses.

Artigo 43º.-Asembleas.

1. Os traballadores disporán dun crédito de 6 horas anuais para a celebración das asembleas dentro da xornada de traballo, logo de notificación á empresa.

Artigo 44º.-Fondo social.

1. No ano 2002 dotarase un fondo social coa cantidade de 600 A. Este fondo será xestionado pola comisión mixta paritaria e estará destinado a financiar accións e programas de carácter social, cultural ou deportivo.

Artigo 45º.-Complemento axuda escolar.

Co fin de compensa-los gastos de matriculación escolar, libros, etc., establécese un complemento extrasalarial de 90,15 A/ano por cada fillo. Aboarase no mes de setembro.

Artigo 46º.-Comisión de formación.

1. Constituirase unha comisión de formación integrada por tres representantes dos traballadores, pertencentes ó comité de empresa e por tres representantes da empresa, que programe, estudie e xestione as diversas actividades formativas a impartirlles ós traballadores.

2. As partes asinantes acordan adherirse ó II Acordo Nacional de Formación Continua, subscrito, en data do 19 de decembro de 1996, por unha parte por CEOE e CEPYME, e outra por UGT, CC.OO. e CIG, e publicado no BOE con data do 1 de febreiro de 1997.

Disposicións adicionais

Primeira.-Debido á situación de prórroga actual en que se encontra a contrata ambas partes acordan que no caso en que durante a vixencia do presente convenio se producira un novo concurso público do servicio, a partir da data de nova adxudicación substituiríanse as condicións aquí pactadas polas seguintes:

-Condicións económicas.

As condicións económicas serán as que se establecen para cada categoría profesional no anexo III deste convenio, tendo efectos desde a data de nova adxudicación do servicio.

-Antigüidade.

Os traballadores de recollida selectiva que a 31 de decembro de 2001 tiveran unha antigüidade na empresa de máis de 1 trienio percibirán por este concepto a título persoal o importe equivalente a un 8% mensual do salario base de cada categoría, en concepto de antigüidade consolidada, a partir da nova adxudicación do servicio.

-Complemento convenio.

Todo o persoal de recollida selectiva afectado polo presente convenio percibirá un complemento convenio consistente no 12% do salario base de cada categoría. Este concepto terá a consideración de salario a tódolos efectos e non poderá ser absorbido nin compensado.

-Complemento tóxico, penoso e perigoso.

Tódolos traballadores percibirán un complemento por traballo tóxico, penoso e perigoso por unha contía

equivalente ó 25% do salario base de súa categoría, sendo este de carácter mensual.

Quedan exceptuados da percepción deste complemento os postos de traballo desempeñados por empregados técnicos-administrativos que percibirán un complemento de calidade, da mesma contía que o complemento tóxico.

Este complemento aboarase por día efectivamente traballado.

-Complemento de transporte.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá un complemento extrasalarial, denominado complemento de transporte, cun importe que será o establecido na táboa salarial anexa.

Este complemento aboarase por día efectivamente traballado.

-Complemento de nocturnidade.

Os traballadores que realicen a súa xornada entre as 21 e as 6 horas percibirán un complemento de nocturnidade, consistente no 30% do salario base de cada categoría, salvo que o salario se establecera atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza.

Este complemento aboarase por día efectivo de traballo en xornada nocturna e cando se traballe máis de dúas horas dentro do dito horario.

-Traballo en festivos e domingos.

Os festivos e domingos traballados serán aboados na contía de 62,05 A + o IPC real (2001)+ 2 puntos, para tódalas categorías, concedendo a empresa ademais un día de descanso compensatorio que se aboará como día efectivamente traballado.

-Axudas de custo.

Compensaranse economicamente os desprazamentos por motivos laborais fóra do municipio, sempre que haxa que pernoctar no lugar do desprazamento ou cando sexa necesario comer ou cear neste.

Compensaranse da seguinte maneira:

1. Axuda de custos completa: 50,27 A.

2. Media axuda de custo: 22,36 A.

-Pagas extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de verán e Nadal aboaranse cada unha a razón de 30 días de salario base, antigüidade.

A paga de beneficios será de igual contía que as anteriores, así mesmo crearase unha nova paga, consistente en 15 días de salario base máis antigüidade e que se denominará paga de San Martiño de Porres.

As pagas de verán e Nadal, devengaranse semestralmente. A de verán do 1 de xaneiro ó 30 de xuño. A paga de decembro devengarase do 1 de xullo ó 31 de decembro .

Aboaranse os días 15 dos meses de xullo e de decembro respectivamente.

A paga extraordinaria de beneficios devengarase día a día, non devengándose nas ausencias inxustificadas.

Segunda.-Así mesmo acórdase que a partir do día seguinte da adxudicación da dita concesión, as condicións laborais substituiranse polas seguintes:

-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de 225 días de traballo efectivo, que corresponden a unha xornada diaria de 7 horas de traballo efectivo incluído un descanso de 20 minutos para o bocadillo.

Os días de descanso totais por operario serán de 48 días ó ano e retribuiranse como efectivamente traballados, co fin de levar á practica este descanso de forma equitativa para todo o persoal establecerase un correquendas semanal.

Nos días 24 e 31 de decembro non se realizará o servicio de recollida selectiva do quenda de noite.

A empresa comprométese a realizar e comunicar no taboleiro de anuncios de cada un dos centros de traballo os reténs o luns anterior da realización destes, sendo estes de carácter obrigatorio excepto os motivados por forza maior, que deberán de ser xustificados con antelación ou no menor prazo posible.

-Xornada de verán.

A xornada de traballo para o persoal de oficina, para o período comprendido entre o 1 de xuño ó 30 de setembro realizarase en horario de 8 a 15 horas.

-Calendario laboral.

Xúntase como anexo III o calendario laboral para o ano 2002.

-Descanso.

Debido ó carácter público do servicio que esta empresa realiza existe a obrigatoriedade de presta-lo servicio en domingos e festivos, os traballadores que teñan que traballar nestes días desfrutarán o seu descanso semanal ou a correspondente festividade noutro día.

-Vacacións.

Todo o persoal adscrito ó presente convenio desfrutará de 30 días naturais de vacacións retribuídas ou a parte proporcional que lle corresponda en función do tempo traballado, ademais, e como norma xeral, estas empezarán sempre en día laborable.

As vacacións retribuiranse a razón de salario base, antigüidade, complemento tóxico, complemento convenio. Igualmente engadiráselle a cantidade que resulte de dividir por tres a percepción dos tres meses anteriores ó do desfrute das vacacións polo concepto de nocturnidade.

As vacacións non poderán ser compensadas en metálico, salvo en casos de liquidación por finalización do contrato o despedimento.

As vacacións desfrutaranse durante os meses de xuño a setembro, ambos incluídos, para tal fin a empresa confeccionará un calendario de vacacións, logo de consulta cos representantes dos traballadores, con 3 meses de antelación mínima ó comezo do desfrute, que será exposto no taboleiro de anuncios, e entregarase unha copia asinada e selada ó comité de empresa.

Os traballadores poderán intercambiar entre si 15 ou 30 días ininterrompidos de vacacións dos que corresponden anualmente dentro do período vacacional, sempre que esta variación se efectúe entre traballadores da mesma categoría e antes da confección definitiva do calendario de vacacións anual.

Os traballadores que se encontren en situación de IT durante o período de desfrute das vacacións terán dereito a que a empresa sinale outra data para o desfrute destas, sempre que cause alta antes de conclui-lo ano natural.

-Incapacidade temporal.

2. Nos supostos de IT derivada de accidente laboral, a empresa completará ata o 100% da base de cotización do mes anterior, desde o primeiro día de baixa e mentres dure esta.

3. De igual forma completarase ata o 100% da base de cotización do mes anterior, nos casos de hospitalización e mentres dure a hospitalización.

4. Nos supostos de IT por enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa completará ata o 75% do salario mensual durante os vinte primeiros días e ata o 100% a partir do día 21 da baixa.

5. Igual criterio seguirase con respecto ó aboamento das pagas extraordinarias.

6. Será de aplicación a este artigo a retroactividade de seu aboamento a partir do 1 de xaneiro de 2002, así como en anos sucesivos.

-Rotacións.

1. As quendas serán rotativas obrigatoriamente, sempre que non haxa persoal voluntario, o exceda o dito persoal, para cubrir estes.

2. Confeccionarase, por parte da comisión mixta paritaria, un calendario anual de rotacións.

-Mobilidade.

Neste caso de que a empresa introduza innovacións nalgúns dos servicios, e que estas supoñan a reducción de persoal, a empresa adaptará os traballadores afectados a outro servicio existente o novo, mantendo a categoría laboral se existise nese servicio.

-Servicio mecánico e lavacoches.

1. O servicio mecánico de noite estará destinado exclusivamente para facer servicios de retén.

2. O servicio mecánico terá que auxiliar nos casos de avaría, picaduras, etc. no desenvolvemento do traballo.

3. No ano 2002 o servicio mecánico incrementarase nun oficial de primeira mecánico. Igualmente dotarase a este servicio mecánico dun vehículo debidamente equipado.

4. No ano 2002 o servicio de taller lavado de vehículos incrementarase en dous operarios.

-Capacidade diminuída.

1. Ó traballador que, por causa de accidente ocorrido na prestación de traballo á empresa, lle sexa recoñecida polo tribunal médico de incapacidades, unha incapacidade parcial para o seu traballo habitual, a empresa poderá asinarlle un posto de traballo que se adapte á nova aptitude do traballador.

2. A empresa creará a praza de vixilante nocturno das instalacións, que se ocupará así mesmo de atende-lo almacén en xornada nocturna, esta praza cubrirase preferentemente con persoal propio da empresa, que por algunha discapacidade non poida desenvolve-lo seu actual posto de traballo.

3. A empresa, para a limpeza e mantemento diario dos vestiarios, creará as prazas necesarias, que serán cubertas preferentemente polo persoal da empresa que se encontre discapacitado e non poida desempeña-lo seu actual posto de traballo.

-Complemento posto de recollida lateral.

Os oficiais de 1ª, conductores afectos ó presente convenio, así como os peóns que fagan funcións de oficial, cando presten os seus servicios en vehículos de recollida lateral, percibirán un complemento de

posto consistente en 3 A/día. Este complemento aboarase durante tódolos días da semana, a excepción dos días de descanso dominical, festas laborables non traballadas e faltas.

Terceira.-A vixencia do presente convenio finaliza o 31 de decembro de 2002, con independencia da data de entrada en vigor. No caso de que a dita adxudicación non se producise a 31 de decembro de 2002, as novas partes comprométense na dita data a inicia-las negociacións para un novo convenio colectivo.

Cuarto.-Prestacións sociais.

En caso de rotura de lentes e audífonos, durante a xornada laboral, a empresa aboará para a súa reposición, un máximo por unidade de 61 A.

ANEXO I

Revisión salarial 2001

Categoría

Salario base

Complemento mantementoComplemento nocturnoComplemento tóxicoComplemento productividadeComplemento transporteComplemento quendas

Encargado1.339,88

Oficial 1ª conductor17,964,284,491,073,211,081,83

Aux. advo.892,93

ANEXO II

Táboa salarial 2002

Categoría

Salario base

Complemento mantementoComplemento nocturnoComplemento tóxicoComplemento productividadeComplemento transporteComplemento quendasComplemento festivo

Encargado1.532,27

Oficial 1ª conductor18,684,464,671,113,341,121,9131,28

Peón17,922,234,481,113,341,121,9130,05

Aux. advo.892,93

Oficial 2ª administrativo1.116,17

ANEXO III

Táboa salarial

Categoría

Salario base (diario)Complemento tóxico (25%)Complemento convenio (12%)Complemento transporteComplemento nocturn. (30%)Extras xullo e decembro

Encargado36,949,244,442,691.598,93

Oficial 1ª conductor día26,356,593,162,691.163,50

Oficial 1ª conductor noite26,356,593,162,697,901.163,50

Peón día25,926,483,112,691.145,65

Peón noite25,926,483,112,697,781.145,65

Oficial 1ª mec. día29,297,323,522,691.284,30

Of. 1ª mec. noite29,297,323,522,698,791.284,30

Peón mecánico25,926,483,112,691.145,65

Encargado taller36,949,244,442,691.598,93

Of. 1ª administrativo952,90114,3570,751.138,00

Of. 2ª administrativo850,36102,0570,751.023,15

Aux. administrativo797,7695,7370,75964,23

Almaceneiro790,2894,8370,75955,86