Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.533

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de xullo de 2002 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de letrados, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, convocado por Orde do 28 de agosto de 2001.

Vista a Resolución do 29 de maio de 2002 (DOG nº 112, do 12 de xuño), do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, pola que se ordena a publicación da proposta de aspirantes que superaron o citado proceso selectivo, convocado pola Orde do 28 de agosto de 2001 (DOG nº 170, do 3 de setembro) e así mesmo vista a Orde do 17 de xuño de 2002 (DOG nº 121, do 25 de xuño) pola que se eleva a definitiva a dita proposta, verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria,

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Admi

nistración da Xunta de Galicia, nas bases da convocatoria e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios/as do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, ós aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución, de acordo coa puntuación final obtida, destinándoos/as ós postos de traballo que así mesmo se especifican e co carácter que nel consta.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas ás que se refire o anexo desta resolución deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, a partir da data da publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Escala de letrados

Nº 1.

Apelidos e nome: López Miño, Antonio Manuel.

DNI: 32810517.

Puntos: 97,7.

Posto de destino:

Código: PRP391000015001005.

Centro destino: Asesoría Xurídica do Gabinete Xurídico Territorial.

Localidade: A Coruña.

Carácter: provisional.

Nº 2.

Apelidos e nome: Abuín Flores, Carlos.

DNI: 33332133.

Puntos: 94,51.

Posto de destino:

Código: SAS991000215001005.

Denominación: letrado.

Centro destino: Asesoría Xurídica do Servicio Galego de Saúde.

Localidade: A Coruña.

Carácter: provisional.

Nº 3.

Apelidos e nome: Vilas Álvarez, David Segundo.

DNI: 36129703.

Puntos: 89,25.

Posto de destino:

Código: PRP020000015770108.

Denominación: letrado.

Centro destino: Asesoría Xurídica Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Carácter: provisional.

Nº 4.

Apelidos e nome: Costas Núñez, Juan Ramón.

DNI: 32796803.

Puntos: 86,31.

Posto de destino:

Código: PRP391000032001002.

Denominación: letrado.

Centro destino: Asesoría Xurídica do Gabinete Xurídico Territorial.

Localidade: Ourense.

Carácter: provisional.

Nº 5.

Apelidos e nome: Álvarez López, Javier.

DNI: 33313351.

Puntos: 79,51.

Posto de destino:

Código: OTA020000015770015.

Denominación: asesor xurídico.

Centro destino: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Carácter: provisional.

Nº 6.

Apelidos e nome: Nieto Tejerina, María Pilar.

DNI: 32822466.

Puntos: 76,52.

Posto de destino:

Código: PRP391000027001002.

Denominación: letrado.

Centro destino: Asesoría Xurídica do Gabinete Xurídico Territorial.

Localidade: Lugo.

Carácter: provisional.