Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.485

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (663/2001).

Eu, Domingo Villafáñez García, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo verbal número 663/2001 se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din:

«Dous Civil. Sección N. Asunto 00663/2001.

Sentencia. Na Coruña o vintedous de abril de dous mil dous.

Vistos pola maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña María del Carmen Gámiz Valencia, estes autos de xuízo verbal seguidos co número 663 de 2001, por instancia de Constantino Corral Jarel, maior de idade, veciño de Ferrol (A Coruña), con domicilio na Gándara nº 4-1º, representado polo procurador dos tribunais José Martín Guimaraens Martínez, coa dirección do letrado Enrique Molezún Mosquera; contra José Luis Reboredo Martínez, en estado procesual de rebeldía, versando a litis sobre acción de resolución de contrato de arrendamento por falta de pagamento.

Decido que estimando a demanda interposta por Constantino Corral Jarel, representado polo procurador dos tribunais José Martín Guimaraens Martínez, contra José Luis Reboredo Martínez, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que sobre a vivenda sita na rúa Ronda de Outeiro nº 22, piso primeiro da Coruña existía entre a parte demandante e a demandada, por falta de pagamento das rendas pactadas e, consecuentemente, declaro que ten lugar o desafiuzamento, condenando o demandado a facerlle entrega dela á demandante no prazo legal, facéndolle saber que se non o fixese se procederá de inmediato ó lanzamento; e, por último, condeno a parte demandada ó pagamento das custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra ela poden preparar recurso de apelación dentro do prazo legal de cinco días

contados desde o seguinte ó da súa notificación, que se deberá presentar ante este xulgado por medio de escrito que se limitará a cita-la resolución apelada e a manifesta-la vontade de recorrer con expresión dos pronunciamentos que impugna, na forma prevista no artigo 457 da Lei de axuizamento civil. Ó demandado non se lle admitirá o recurso de apelación se ó preparalo non manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que conforme contrato deba pagar adiantadas.

Para a notificación do demandado rebelde e en paradoiro descoñecido, notifíquese a resolución por medio de edictos que se publicarán no DOG; a parte demandante encargarase do seu dilixenciamento.

Así, por esta miña sentencia, que será arquivada no libro de sentencias deste xulgado, e da que se levará testemuño a estes autos, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. María del Carmen Gámiz Valencia. Asinado e rubricado».

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe ó celebra-la audiencia pública no mesmo día da súa data. Dou fe. Domingo Villajánez García. Asinado e rubricado.

E para a súa publicación no DOG, expido esta cédula que asino na Coruña o vintedous de abril de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE BANDE