Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.484

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4459/2002).

Polo presente faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto pola procuradora María del Mar Penas Francos en nome e representación de Vicente García Cardamas contra proxecto de

modificacións puntuais do PXOM do concello de Ares, aprobado definitivamente por acordo publicado no Diario Oficial de Galicia do 15-2-2002.

Recurso número: 02/0004459/2002.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas que, non sendo emprazadas persoalmente, teñan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixeran con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, vintesete de maio de dous mil dous.

Isabel Freire Corzo

A secretaria